Rorke's Drift

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rorke's Drift foi unha estación militar de KwaZulu-Natal (Suráfrica).

Inmediatamente despois da derrota británica na batalla de Isandhlwana, durante a guerra anglo-zulu os zulús atacáronna o 22 de xaneiro de 1879. A dotación da estación, destinada a hospital militar e que nese momento tiña 36 enfermos, composta de 139 soldados británicos conseguiu defenderse do ataque de entre 4 e 5.000 guerreiros zulús.

Trala chegada de nativos do corpo de auxiliares que escaparan de Isandhlwana, o comandante John Rouse Merriott Chard decidiu fortificar a posición ao modo dun laager, unha liña de defensa circular, xeralmente formada por caravanas, pero que neste caso formada por caixas de munición e galletas. Á chegada dos zulús as tropas auxiliares nativas desertaron, tras doce horas de ataques sucesivos os zulús conseguen romper a liña de defensa exterior e atacar o hospital, cando os británicos estaban a piques de quedar sen munición arrecunchados na última liña de defensa, os zulús retíranse.

Morreron 17 británicos e 550 zulús.