Ronnie O'Sullivan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronnie O’Sullivan

Ronald Antonio "Ronnie" O'Sullivan, nado o 5 de decembro de 1975 en Chigwell, Essex é un xogador profesional de snooker, inglés. É alcumado The Rocket (O Foguete) debido á velocidade do seu estilo de xogo. Ten outros alcumes, como The Magician (O Mago) ou The Essex Exocet (O Mísil de Essex).[1] Foi Campión do Mundo en cinco ocasións ( 2001, 2004, 2008 e 2012, 2013) e, cunhas ganancias na súa carreira de máis de 7´5 millóns de £, ocupa o segundo lugar (logo de Stephen Hendry) de todos os tempos na lista de gañancias en efectivo. O'Sullivan foi en cinco ocasións o xogador nº 1 do ranking e gañou un total de 26 títulos de ranking.

Está considerado por moitos dos seus compañeiros e fans como un dos xogadores de máis talento que deu este deporte. O seu máis alto nivel de xogo é discutiblemente incomparable na historia do snooker, aínda que o seu temperamento demostra ás veces nel unha falta de confianza ou interese. O 6 de novembro de 2012 anunciabase que O'Sullivan retirabase e que non xogaría durante o resto da tempada, volveu para xogar o campionato do mundo de 2013, o cal gañou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O'Sullivan comezou a súa carreira a unha idade temperá. Á idade de 10 anos xa logrou acadar a súa primeira centena, con 15 anos realizou o seu primeiro maximum break e aos 16 fíxose profesional. É o xogador máis novo en gañar un torneo de ranking: fíxoo en 1993, cando gañou o UK Championship á idade de 17 anos. En total, realizou en partidos oficiais o maximum break en 12 ocasións, a maior marca dun xogador profesional, e 6 deses máximos son os máis rápidos da historia. O máis rápido da historia logrouno no campionato do mundo de 1997, realizado en 5 minutos e 20 segundos. É, así mesmo, o único xogador que, ata a data, logrou tres 147 no Campionato do Mundo. Por outra banda, xa logrou 726 breaks centenarios,[2] outra vez por detrás de Hendry.

A vida privada de O'Sullivan está ben documentada. O seu pai cumpre condena perpetua por asasinato. foi condenado polo asasinato do gardacostas negro de Charlie Kray, irmán dos xemelgos Kray, cando O'Sullivan era un adolescente. Isto conduciu a unha sentenza máis severa xa que se creu que mediou un elemento racial no asasinato, algo que a familia sempre negou; tamén reclamou que O'Sullivan actuou en defensa propia.

Considerado un perfeccionista, O'Sullivan móstrase moi autocrítico, ata na vitoria. sufriu de depresión e varias adiccións. Deste xeito, a súa carreira non estivo exenta de dificultades. Tras gañar o Benson & Hedges Irish Masters de 1998 cun estilo enfático contra Ken Doherty, foi desposuído do título despois de que un test de dopaxe detectase marihuana no seu organismo. A súa relación coa prensa non foi fácil, con algúns comentarios considerados desagradables. En 2004, o pai de O'Sullivan chamou ao gran xogador dos anos 70 e seis veces campión do mundo, Ray Reardon, para preguntarlle se podería darlle a O'Sullivan algúns consellos. Co respaldo de Reardon, O'Sullivan alcanzou a súa mellor forma e conquistou o Campionato do Mundo de 2004, o seu segundo título, derrotando de xeito esmagador a Stephen Hendry 17-4 nas semifinais cun virtuoso despregamento.

O'Sullivan é único entre os, top 16, xogadores profesionais de elite actualmente no circuíto, que pode xogar co taco en calquera das súas dúas mans, alternando frecuentemente as dúas dentro do mesmo frame. Aínda que carece de forza no seu brazo esquerdo, o ángulo ambidestro para o seu xogo demostrou ser unha gran vantaxe, permitíndolle realizar tiros máis naturais que doutro xeito requirirían un golpeo máis embarazoso co rest ou o spider. So outros poucos xogadores, como Shaun Murphy e Matthew Stevens teñen a habilidade para xogar con ambas as mans, pero sen poder comparar o nivel das súas mans menos hábiles coas de O'Sullivan.

A primeira vez que despregou este talento no Campionato do Mundo contra Alain Robidoux, o canadense acusouno de faltarlle ao respecto. O'Sullivan respondeu que el xogaba mellor coa súa man esquerda do que Robidoux podería coa súa dereita. O'Sullivan foi chamado a unha audiencia disciplinaria en resposta á queixa formal de Robidoux onde tivo que demostrar que podería xogar a nivel profesional coa súa man esquerda. Xogou tres frames de snooker contra o antigo finalista do Campionato do Mundo, Rex Williams, e gañou os tres.

O'Sullivan comentou en moitas ocasións desde entón que o feito de cambiar á man esquerda o taco axúdalle a manterse centrado e proporciónalle unha motivación extra, cousas que foron con frecuencia necesarias no seu prodixioso xogo.

Durante o Campionato do Mundo de 1996 foi achado culpable de agresión a un oficial polos mandatarios do snooker, o que acabou cunha sentenza de suspensión de dous anos, 20.000 libras de multa e o consello de doar 10.000 libras para caridade.

Ostenta a marca ao maximum break máis rápido da historia, realizado durante o enfrontamento contra Mick Price na primeira rolda do Campionato do Mundo de 1997, o día 21 de abril; completou dita marca en 5 minutos e 20 segundos (só 9 segundos de media entre tiro e tiro). De feito, os seus nove 147 inclúen os 6 máis rápidos da historia.

O club onde adestra habitualmente é o Groove Snooker Centre, situado en Romford, en Lóndres Este.

En 2002, O'Sullivan acusou a Hendry de falta de deportividade nun partido previo, dicindo: "Sei que se perdo e achégalleme para facerme unha burla diante de min en plan 'Na na na', só o mirarei e direille 'Ben xogado' e 'Volve á túa triste vida'".

Tras fallar no intento de defender o seu título de campión do mundo conseguido en 2004, perdendo en cuartos de final, tras ir gañando 8-2, fronte a unha excepcional determinación e obstinada actuación por parte de Peter Ebdon, con gran parte do público acusando a Ebdon de xogar deliberadamente lento para romper o rápido xogo de O'Sullivan, anunciou á prensa que era improbable que competise na seguinte tempada, e quizais ata se retiraría do deporte. Con todo, en setembro de 2005 anunciou que xogaría unha tempada 2005/06 truncada, e que pasaría algún tempo xogando ao pool nos Estados Unidos tras ser elixido para competir na elite do International Pool Tour.

No UK Championship de 2005, nun partido contra Mark King, O'Sullivan sentou cunha toalla húmida encima da cabeza durante a maior parte do enfrontamento mentres xogaba o seu opoñente.

Ocorreu, con todo, que o torneo de pool IPT no que O'Sullivan ía debutar coincidiu coa defensa do seu título da Premier League Snooker. Os plans foron cambiados con conformidade, e Ronnie O'Sullivan derrotou de forma incontestable ao seu vello rival, Stephen Hendry, cun implacable 6-0, incluíndo 4 breaks por encima de 100 puntos. Competiu tamén no Grand Prix, perdendo 9-2 fronte a un John Higgins en forma, e en todos os outros torneos de ranking ademais da Malta Cup. Despois do Grand Prix, non gañou un partido de ranking ata o Campionato do Mundo.

Si logrou gañalos no Torneo Masters de 2006 (torneo de gran prestixio, aínda que non de ranking), chegando á final onde perdeu 10-9, de novo contra John Higgins. Completou o maior break do torneo, con 139 puntos.

O Campionato do Mundo de Snooker 2006 viu ao patrocinador persoal de O´Sullivan, 888.com, chegar a ser tamén o patrocinador do evento durante os próximos cinco anos. O'Sullivan entrou no torneo coa inevitable etiqueta de favorito. Tras derrotar por 10-4 a Dave Harold, o inglés xogou un sorprendente enfrontamento de segunda rolda contra o galés Ryan Day, con O'Sullivan aparentemente progresando debido aos erros do opoñente máis que polos seus propios acertos.

Un partido similar seguiu a este en cuartos de final, contra outro galés e dúas veces gañador no Crucible Theatre de Sheffield, Mark James Williams. O'Sullivan foise cun 10-6 a favor ao descanso antes da sesión final. Williams resistiu e adxudicouse os 5 frames seguintes, pero O'Sullivan non perdeu os nervios para levar o partido por 13 frames a 11, e enfrontarse a Graeme Dott nas semifinais. Na súa entrevista post-partido, o de Essex mostrou unha notable falta de confianza, a cal aparecería no que sería o seu seguinte e último partido do torneo.

Dott tomou unha temperá vantaxe sobre O'Sullivan antes de que este comezase a atopar o seu xogo, índose ambos cun empate a 8 frames ao final da segunda sesión. Os problemas coa punta do taco que perseguiran ao inglés ao longo do torneo repetíronse, incluíndo un polémico incidente no que a televisión parecía mostrar a O'Sullivan quitando deliberadamente a punta do seu taco, conseguindo un descanso de 15 minutos para recolocala, e conseguindo un break de 124 no seu retorno á mesa. O director do torneo, Mike Ganley, aceptou a explicación do xogador de que a punta simplemente volveuse frouxa, e non se fixo censura do asunto, atraendo críticas dalgúns fans e (pundits).

O 6 de xuño de 2012 a World Professional Billiards and Snooker Association emitiu un comunicado anunciando que O'Sullivan non asinara o contrato oficial de xogador e, por conseguinte, non podrá xogar na tempada de Snooker 2012/2013 ata que o faga.[3] O mesmo día O'Sullivan dixo que atopou o contrato "demasiado oneroso" e que se atopaba nunha etapa da súa carreira na que non quería ter compromisos.[4][5] O 7 de agosto, anunciouse que asinara o contrato e xogaría o Campionato Internacional en outubro e Campionato do Reino Unido en decembro. O retorno de O'Sullivan durou pouco, xa que retirouse debido aos consellos do seu médico para non viaxar.[6] O 6 de novembro anunciouse que O'Sullivan retirouse de todos os eventos e que non xogará durante o resto da tempada.[7] Con todo, o 26 de febreiro de 2013 O'Sullivan anunciou durante unha conferencia de prensa que ía regresar ao xogo e defender o seu título mundial, o que conseguíu o 6 de maio de 2013.

Representación lineal[editar | editar a fonte]

Torneo 1993/
94
1994/
95
1995/
96
1996/
97
1997/
98
1998/
99
1999/
00
2000/
01
2001/
02
2002/
03
2003/
04
2004/
05
2005/
06
2006/
07
2007/
08
2008/
09
2009/
10
2010/
11
2011/
12
2012/
13
2013/
14
Ranking 57 9 3 8 7 3 4 4 2 1 3 1 1 3 5 1 1 3 11 9 19
Torneos de Ranking 1993/
94
1994/
95
1995/
96
1996/
97
1997/
98
1998/
99
1999/
00
2000/
01
2001/
02
2002/
03
2003/
04
2004/
05
2005/
06
2006/
07
2007/
08
2008/
09
2009/
10
2010/
11
2011/
12
2012/
13
2013/
14
China Open Non celebrado - 2R G G CF Non celebrado Ret 1R SF 1R CF 1R 1R CF - -
German Masters Non celebrado 1R G SF Non celebrado Ret G - 1R
International Championship Non celebrado Ret 2R
Shanghai Masters Non celebrado Ret F G Ret 2R - -
UK Championship G CF CF 1R G Ret CF SF G CF SF 2R 1R CF (FF) G 2R SF 1R 2R - CF
Welsh Open 1R CF 2R 2R 4R SF 3R 2R 2R CF G G 2R CF F 2R SF 1R SF - G
World Open[nb 1] 1R CF 1R 2R 3R 3R CF F CF CF 2R G F 3R F CF 2R F 1R - -
Campionato do Mundo
Campionato mundial de snooker 2R CF SF 2R SF SF 1R G SF 1R G CF SF CF G 2R CF CF G G F
Torneos Non de Ranking
The Masters - G F F CF CF CF 2R CF CF F G F G 1R G F 1R CF - G
Premier League - - - G - - SF G G SF - G G G G G F G G - NC
Champion of Champions Non celebrado G
Extorneos de Ranking
Dubai Classic[nb 2] xR SF SF 1R G Non celebrado Held
Scottish Open - 3R 1R CF G 2R G 2R 2R 3R CF Non celebrado - NC
British Open G F SF 1R CF 3R SF CF SF 3R F SF Non celebrado
Irish Masters Torneo non de Ranking G CF G NC - Non celebrado
Europe Open / Malta Cup F SF 1R 1R NC 1R Non celebrado CF G CF 2R - 1R - Non celebrado
N.Ireland Trophy Non celebrado - F CF G Non celebrado
Extorneos non de Ranking
Scottish Masters - - SF CF CF G CF G F G Non celebrado
Irish Masters - 1R CF SF DC CF SF G CF Torneo de Ranking NC G Non celebrado
  • - = Non Participou
  • G = Gañador
  • F = Finalista
  • SF = Semi Finalista
  • CF = Cuartos de Final
  • xR = Perdeu en Ronda x.
  • DC = Descalificado
  • FF = Penalizado
  • Ret = Retirouse do torneo
  • NC = Non Celebrado
  1. O torneo celebrouse con nomes diferentes como Copa LG (2001/2002-2003/2004) e Grand Prix (1984/1985-2000/2001 e 2004/2005-2009/2010)
  2. The event run under different names as Thailand Classic (1995/1996) and Asian Classic (1996/1997)

Torneos gañados e ranking na súa carreira[editar | editar a fonte]

Torneos de Ranking[editar | editar a fonte]

Outros torneos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ronnie O'Sullivan Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]