Ronnie James Dio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronnie James Dio HAH Katowice.jpg

Ronnie James Dio, nome artístico de Ronald James Padavona, nado en Portsmouth (New Hampshire) o 10 de xullo do 1942 e finado en Houston o 16 de maio do 2010[1], foi un cantante de heavy metal estadounidense, integrante das bandas Elf, Rainbow, Black Sabbath, Dio e Heaven and Hell. Foi quen popularizou o xesto dos cornos como parte da simboloxía do heavy metal.[2]

Índice

Traxectoria [editar]

Adoptou o sobrenome de Dio en homenaxe a un mafioso italiano, Johnny Dio. A súa primeira banda foi Elf, pasando a mediados dos 70 a ser o vocalista de Rainbow, banda do ex-Deep Purple Ritchie Blackmore. Despois de gravar catro álbums con eles intégrase en Black Sabbath ata 1983, empezando nese ano a súa carreira en solitario baixo o nome de Dio. Entre discos, directos, recopilatorios e DVDs saca 28 traballos ao mercado, na que é a etapa máis prolífica da súa carreira musical. No 2007 reúnese con tres antigos compañeiros de Black Sabbath (Tony Iommi, Geezer Butler e Vinny Appice) e xuntos forman Heaven and Hell, denominación coa que gravaron un disco, The Devil you Know, no 2009.

En novembro do 2009 élle diagnosticado un cancro de estómago[3], falecendo seis meses despois.

Discografía [editar]

Con Elf [editar]

Con Rainbow [editar]

Con Black Sabbath [editar]

Como Dio [editar]

Con Heaven and Hell [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]