Atol Rongrik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rongerik»)
Rongrik
Atol Rongrik
Datos
País Illas Marshall Illas Marshall
Illa principal Jitoen
Linguas
Poboación (1999) 0 hab.
Superficie 1´68 km²
Superficie lagoa 143´95 km²
Nº de illas 17
Coordenadas 11°20′N 167°27′L / 11.333, -167.450
Maior Altura 9 m.
Localización
Localización do atol Rongrik

Rongrik (tamén coñecido como Rongerik, Rongdrik ou Roñdik) é un atol deshabitado de 1´68 km² no océano Pacífico. Está formado por 17 illas rodeando unha lagoa de 144 km². Forma parte da cadea Ralik nas Illas Marshall, atopándose a 200 km ao leste do atol Bikini. Estados Unidos recolocou neste atol aos habitantes do atol Bikini mentres levaba a cabo as probas nucleares. Logo de meses de fame negra e desnutrición foron trasladados a Kwajalein e finalmente a Kili.

Historia[editar | editar a fonte]

Rongrik foi reclamado polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés, aínda que a illa estaba deshabitada. Tras o final da segunda guerra mundial, quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico ata a independencia das Illas Marshall en 1986.