Rondonia - Rondônia
|
|
|||
| Capital | Porto Velho | ||
| Superficie | 238.512,8 km² | ||
| Poboación Densidade de poboación |
1 534 594 (2000) 6,45 hab/km² |
||
| Fuso horario | GMT-4 | ||
| Gobernador | Ivo Cassol | ||
| Mapa de Rondonia no Brasil | |||
|---|---|---|---|
Rondonia (en portugués, Rondônia) e un estado brasileiro da Rexión Norte. Ten como límite: ó norte o estado do Amazonas; ó este o estado de Mato Groso; ó sur e oeste, a Bolivia; e tamén ó oeste o estado de Acre.
Historia [editar]
Soamente unhas poucas misións relixiosas existían na rexión do actual estado de Rondonia ata o século XVII. Coa descuberta de ouro no vale do Río Cuiabá no século XVIII, os primeiros exploradores comezaron a explorar tamén o vale do río Guaporé.
O seu poboamento comezou a crecer co ciclo de exploración do caucho, a mediados do século XIX, cando moitos migrantes do Nordeste brasileiro instaláronse na rexión. Outro impulso para o poboamento foi a construción do ferrocarril Madeira-Mamoré, inaugurado o 1907.
En 1943 a rexión tornouse o Território Federal de Guaporé, formado co terras desmembradas dos veciños estados de Amazonas e Mato Groso, e co gobernador nomeado polo Presidente da República. En 1956, o territorio foi bautizado de Rondonia en homenaxe a Cândido Mariano Rondon, militar desbravador da rexión. Despois de 1988, conforme determinou a constitución brasileira, tornouse un estado, pasando a ter o seu gobernador electo directamente pola poboación.
Xeografía [editar]
A vexetación orixinal de grande parte do estado é a Floresta Amazónica, pero parte dela foi substituída por cultivos durante o final do século XX. Hoxe, grande parte de súa poboación vive en cidades. As máis importantes son: a capital, Porto Velho, con 380 mil habitantes estimados o 2004; e tamén as cidades de Ji-Paraná, Ariquemes, Cacoal e Vilhena.
O seu relevo non e moi ondulado: case 94% do seu territorio sitúase entre os 100 e os 600 metros sobre o nivel do mar. O clima é ecuatorial, que non ten propiamente unha estación seca.
Os ríos Madeira, Ji-Paraná, Guaporé e Mamoré son os ríos principais.
A súa economía baséase principalmente na agricultura (café, cacao, arroz, casava (mandioca) e millo son os principais), na extracción de caucho e madeira e na exploración mineral (estaño).