Romaría do San Vitoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Saa xunto á capela do San Vitoiro.

A Romaría do San Vitoiro celébrase anualmente no concello da Pobra do Brollón o 27 de agosto, día festivo local. Ten lugar xunto a unha pequena capela situada nun val entre montañas, xunto ao río Saa, a uns 8 km da capitalidade municipal.

San Vitoiro é o patrón de sete lugares do concello, situadas nesa zona montañosa, que son Forgas, na parroquia de Ferreiros, e mais O Busto, Covadelas, Lebrón, Penadexo, Pradelas e Teixeira, todos eles na parroquia de Saa.[1]

Segundo a lenda, San Vitoiro apareceu nesa zona e por iso se construíu a capela a mediados do século XIX.

As festas duran dous días, o 27 e o 28, e no programa festivo destacan os actos relixiosos e as festas e verbenas con grupos musicais. É habitual que as familias do concello pasen o día na zona, comendo xunto ao río Saa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La romería de San Vitoiro, una tradición con historia". La Voz de Galicia. 27 de agosto de 2015. Consultado o 16 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]