Romano II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morte de Romano II

Romano II (939 - 963) sucedeu ao seu pai Constantino VII como emperador bizantino á idade de vinte e un anos, e morreu en 963, segundo se cre, envelenado pola súa segunda esposa, a emperatriz Teófano. Aínda pequeno, foi desposado con Berta, filla ilexítima de Hugo de Arlés, rei de Italia -a cal cambia o seu nome a Eudocia ao converterse á igrexa ortodoxa-; pero cando Hugo abdicou do trono de Italia e morreu en 947, e tamén morreu Berta en 949, Romano fixo cumprir a promesa do seu pai que lle permitía elixir á súa propia esposa. A elección de Romano recaeu nada menos que na filla dun taberneiro chamada Anastaso, coa que casou, tomando esta o nome de Teófano.

Foi un emperador amante dos praceres, pero tamén foi sensato na elección dos seus ministros. O grande acontecemento do seu reinado foi a reconquista de Creta, tomada aos árabes polo seu xeneral e sucesor no trono Nicéforo Focas en 961.


Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino VII
Romano II
Precede a:
Nicéforo II
Dinastía Macedonia