Roman Ingarden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roman Ingarden.

Roman Witold Ingarden, nado en Cracovia o 5 de febreiro de 1893 e finado na mesma cidade o 14 de xuño de 1970, foi un filósofo e teórico literario polaco asociado á corrente fenomenolóxica. É recoñecido por algúns estudosos como "o pai da estética de recepción".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingarden estudou filosofía e matemáticas na universidade de Lvov, Polonia, e posteriormente en Alemaña, tendo a Kazimierz Twardowski e a Edmund Husserl como mestres respectivamente. Foi alumno de Edmund Husserl tanto en Gottinga como en Friburgo. Boa parte do seu traballo foi realizado en vésperas ou durante o período de posguerra da Segunda Guerra Mundial, polo que as súas obras non foron populares até a década de 1960, cando se iniciaron as traducións do polaco a outras linguas.

Os seus traballos A obra de arte literaria e A comprehensión da obra de arte literaria forman unha teoría literaria que, fundamentada no método fenomenolóxico proposto por Husserl, propón unha forma de abordar as obras e entender a intención significativa que estas levan. Cabe salientar o uso de conceptos como: "intención significativa", "aprehensión do signo", "lectura pasiva e activa" e "concretización" dentro da súa obra.

Tamén publicou traballos de estética sobre música, drama, cinema, arquitectura e pintura.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras en Alemán

  • Intuition und Intellekt bei Henri Bergson, Halle: Max Niemeyer, 1921
  • Essentiale Fragen. Ein Beitrag zum Problem des Wesens, Halle: Max Niemeyer, 1925
  • Das literarische Kunstwerk. Eine Untersuchung aus dem Grenzgebiet der Ontologie, Logik und Literaturwissenschaft, Halle: Max Niemeyer, 1931
  • Untersuchungen zur Ontologie der Kunst: Musikwerk. Bild. Architektur. Film, Tübingen: Max Niemeyer, 1962
  • Der Streit um die Existenz der Welt, Bd. I, II/I, II/2. Tübingen: Max Niemeyer, 1964
  • Vom Erkennen des literarischen Kunstwerks, Tübingen: Max Niemeyer, 1968
  • Erlebnis, Kunstwerk und Wert. Vorträge zur Ästhetik 1937-1967, Tübingen: Max Niemeyer, 1969
  • Über die Verantwortung. Ihre ontischen Fundamente, Stuttgart: Reclam, 1970
  • Über die kausale Struktur der realen Welt. Der Streit um die Existenz der Welt, Band III, Tübingen: Max Niemeyer, 1974

Obras en Polaco

  • O poznawaniu dzieła literackiego (The Cognition of the Literary Work of Art), Ossolineum, Lwow: 1937
  • O budowie obrazu. Szkic z teorii sztuki (On the Structure of Paintings: A Sketch of the Theory of Art), Rozprawy Wydziału Filozoficznego PAU Vol. LXVII, No.2, Kraków, 1946
  • O dziele architektury (On Architectural Works), Nauka i Sztuka, Vol. II, 1946, No. 1, pp. 3-26 and No. 2, pp. 26-51
  • Spór o istnienie Świata (Controversy over the Existence of the World), PAU, Vol. I, Kraków: 1947, Vol. II, Kraków, 1948
  • Szkice z filozofii literatury (Sketches on the Philosophy of Literature), Vol. 1, Spółdzielnia wydawnicza “Polonista,” Łódz, 1947
  • Elementy dzieła muzycznego (The Elements of Musical Works), Sprawozdania Towarzystwa Naukowego w Toruniu, Vol. IX, 1955, Nos. 1-4, pp. 82-84
  • Studia z estetyki (Studies in Aesthetics), PWN, Vol. I Warszawa, 1957, Vol. II, Warszawa, 1958
  • O dziele literackim (On Literary Works). PWN, Warszawa, 1960
  • Przeżycie - dzieło - wartość (Experience - Work of Art - Value). WL, Kraków, 1966
  • Studia z estetyki Tom III (Studies in Aesthetics, Vol. III), PWN, Warszawa, 1970
  • U podstaw teorii poznania (At the Foundations of the Theory of Knowledge), PWN, Warszawa, 1971
  • Książeczka o człowieku (Little Book About Man), Wydawnictwo Literackie, Kraków, 1972.
  • Utwór muzyczny i sprawa jego tożsamości (The Work of Music and the Problem of Its Identity), Wydawnictwo, Warszawa, 1966.

Obras en Castelán

  • La obra de arte literaria, 1973
  • La comprehensión de la obra de arte literaria, 1974

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]