Rolf Sievert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolf Sievert

Rolf Maximilian Sievert, nado o 6 de maio de 1896 en Estocolmo, finado o 3 de outubro de 1966, foi un médico cuxa maior contribución á ciencia foi o estudo dos efectos biolóxicos da radiación ionizante.

Exerceu a maior parte da súa carreira en Suecia. Inventou varios instrumentos para medir as doses de radiación, sendo a máis coñecida a cámara de Sievert.

En 1979, na Comisión Xeral de Pesos e Medidas decidiuse que a unidade de dose de radiación ionizante levaría o seu nome, o sievert (Sv).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]