Roland Dumas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roland Dumas

Roland Dumas, nado o 23 de agosto de 1922 en Limoges, é un avogado e político francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixente do Partido Socialista Francés, deputado desde 1956, avogado defensor de militantes de ETA, foi ministro de Asuntos Europeos (19 de xullo ao 7 de decembro de 1984) e ministro de Asuntos Exteriores (7 de decembro de 1984 ao 20 de marzo de 1986) e de novo entre o 12 de maio de 1988 e o 29 de marzo de 1993. Foi tamén presidente do Consello Constitucional (1995-1999).

En 2007 un tribunal condenouno pola súa participación no escándalo de corrupción da compañía petroleira estatal Elf.