Roko (actriz)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoko

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rocío Pérez Armenteros Editar o valor em Wikidata
13 de xullo de 1989 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Alcalá la Real, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRoko Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Superior de Arte Dramático de Málaga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz , compositora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webroko.es Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4977664 Facebook: RokoOficial Twitter: RokoOficial Spotify: 6ojcfYFPAIR0IMn6JFJzMr Editar o valor em Wikidata

Rocío Pérez Armenteros, nada en Alcalá la Real (provincia de Xaén) o 13 de xullo de 1989 é unha cantante, compositora e actriz andaluza, máis coñecida polo seu nome artístico Roko compuxo cancións de estilo soul principalmente en castelán, aínda que tamén noutros idiomas. Maqueta temas para outros artistas e traballa con Antonio Ferrara que é colaborador de Carlos Jean.

O seu disco de cabeceira é Un día en el mundo, de Vetusta Morla. Compuxo un tema para o disco de Malú Vive, chamado "Inutilmente". Pasou polos concursos El número uno, na que quedou 2ª e Tu cara me suena, no que gañou.

Entre 2013 e 2014 participou na serie musical de Antena 3 Vive cantando.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1989-2011: Primeiros anos e inicios na música[1][editar | editar a fonte]

Ós 8 anos comezou os seus estudos de música e guitarra no conservatorio que posteriormente completou con numerosos cursos e clases de canto e expresión corporal. Comezou a traballar cada vez de forma máis continúa co seu amigo e produtor Antonio Ferrara, participando como corista e vocal *coach en diferentes producións para Sony Music, Pep’s Records e Diferenza Music entre outras e creando a súa primeira formación musical Saudade Chill, coa que tivo a oportunidade de ir de xira durante 3 anos e gravar o seu primeiro álbum de versións co mesmo nome.

A súa primeira actuación chegou ós 14 anos nunha gala benéfica para UNICEF. Durante os seus primeiros anos de carreira participou en varias obras de teatro musical como Nine ou Bad Girl, entre outras. Traballou en diferentes compañías de teatro como Teatro Lírico Andaluz, La Pulga Teatro e en producións conxuntas de La Perrera e La Caldera teatro.

2012: El número uno[editar | editar a fonte]

Roko deuse a coñecer a través da primeira edición do concurso El número uno, emitido en Antena 3 no ano 2012, presentado por Paula Vázquez.[2]

Durante o programa Roko cantou a dúo con Miguel Bosé interpretando "Nena" e con Vanesa Martín "Tic Tac". O 21 de xuño, Roko proclamouse segunda finalista de dito programa cun 43% dos votos, sendo Jadel o gañador do concurso.[3]

2012: Tu cara me suena e o seu novo álbum[editar | editar a fonte]

Despois de El número uno, anunciouse que Roko estaría na segunda edición de Tu cara me suena.

2013-2014[editar | editar a fonte]

Dende setembro do 2013 Roko interpreta a Lucía na serie musical Vive cantando. Participou na primeira tempada e no primeiro capítulo da segunda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  12. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  15. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  16. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]