Roi Méndez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roi Méndez
Nome completoRoi Méndez Martínez
Data nacemento30 de setembro de 1993
Nado enSantiago de Compostela
OcupaciónCantante e Guitarrista
XéneroPop
Instrumento(s)Voz e guitarra
Tipo de vozTenor
Selo(s) discográfico(s)Universal Music Group
Relacionado conLuis Cepeda, Miriam Rodríguez, Amaia Romero, Aitana Ocaña, Ana Guerra
Tempo en activo2017 –
Na rede
Páxina oficial
IMDB: nm9380752 Facebook: roi.mendezmartinez Twitter: RoiMendez Instagram: roimendez Telegram: RoiMendez Genius: Roi-mendez Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roi Méndez Martínez, nado en Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1993, é un cantante e guitarrista galego.[1] Foi membro na Orquestra Olympus mais colleu sona nacional en 2017 cando foi escollido para entrar na novena edición de Operación Triunfo da TVE.[2] Por una vez más é o seu primeiro sinxelo acadando o Nº1 no iTunes e en tendencias no 2018 en YouTube.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Natural de Santiago de Compostela con raíces ourensás. O seu pai, Pedro Méndez, é de Maceda e a súa nai da Gudiña.[4] Dende cativo empeza a sentir interese pola música. Con 14 anos comezou a toca-la guitarra e a cantar.[5] Ós 15 anos, montou a súa propia banda musical cos seus amigos, «Frab Fly».[6] Roi e a súa banda participaron no coñecido concurso galego MúsicaXove ficando nun segundo posto. Isto animou ó grupo a paticiparen tamén poucos meses despois no concurso da Disney Channel, My Camp Rock,[7][8] chegando a ser semi-finalistas.[9] Despois de remata-lo Bacharelato, licenciouse en tecnoloxía de son,[10] que compaxinou co seu primeiro traballo nunha orquestra. Após finaliza-los seus estudos proseguiu medrando no mundo das orquestras, onde adquiriu dotes escénicas, musicais e profesionais.[11]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

2012-2017: Inicios[editar | editar a fonte]

Foi membro de varias orquestras de Galicia. En 2012 estivo na Principal ata o 2015. Nese ano estivo tamén na orquestra Galilea e na afamada Orquestra Olympus onde permaneceu ata o 2017 antes de se converter nun dos concursante da novena edición de Operación Triunfo.[5][12]

2017-2018: Operación Triunfo 2017[editar | editar a fonte]

No verán do 2017, logo de pasa-la noite na orquestra na que estaba a traballar, presentouse acompañando un amigo ós primeiros castings de Santiago para Operación Triunfo, concurso musical que retornaba tras nove anos sen emisión. O artista foi seleccionado para a seguinte fase acadando ser un dos 18 finalistas superando os castings finais con «When We Were Young» de Adele.[13] O 23 de outubro comezou o concurso presentandose con «Don´t Worry» de Madcon, actuación que lle valeu para ser proposto para entrar directamente á academia polo xurado.[14] Durante o concurso, Roi foi proposto para abandona-la academia 5 veces, porén, nunha das ocasións foi salvo polos compañeiros e noutra polo profesorado da academia. Salvouse dúas veces da expulsión grazas ao apoio do público cunha porcentaxe do 91% fronte a Juan Antonio na gala 3 e cun 73% dos votos na gala 9 fronte a Luis Cepeda, con quen formou unha grande amizade.[15] Na gala 7 saíu como o concursante favorito tras se-lo máis votado polo público dende a app oficial do programa[16]. Na gala 6, cando o presentador Roberto Leal lle preguntou pola palabra galega que máis sentía, provocou sen querelo que «Sapoconcho» convertérase nun fenómeno viral [17] sendo unha das palabras máis buscadas na web da RAG, chegando incluso a ser proposta «Palabra do ano» en decembro [18]. Ó longo do concurso interpretou varias cancións, mailo seu dúo coa gañadora Amaia Romero, unha versión de Shape of You de Ed Sheeran, foi considerada unha das mellores actuacións do concurso.[19][20] A fin desta experiencia para o cantante chegou o 15 de xaneiro do 2018 na gala 11, sendo o décimo expulsado fronte á súa compañeira Ana Guerra co 49% dos votos, quedando así ás portas da final [21].

Logo da súa permanencia no concurso, foi contratado por Playz no espazo OTVisión co papel "Hater de Haters" defendendo ós seus compañeiros de concurso Amaia Romero e Alfred García das mensaxes dos internautas máis maliciosos.[22][23]

Roi, canda a súa compañeira de concurso Miriam Rodríguez, foi escollido para ser «xurado de España» para o Festival de Eurovisión 2018.[24]

2018: Xiras e Sinxelo[editar | editar a fonte]

Trala fin de Operación Triunfo, iniciou o 3 de febreiro a xira OT 2017 en concierto en Barcelona, percorrendo diversas cidades de España ó longo do ano. Nos distintos concertos, interpretou cancións corais canda ós demais concursantes, así como «Shape Of You» con Amaia Romero, e «Heaven» de Bryan Adams.

Acompañando ó seus compañeiros Miriam e mais Cepeda, Roi foi artista de abertura no concerto do 10 de xuño da banda Queen no Palau Sant Jordi de Barcelona.[25]

O 15 de xuño lanzou o seu primeiro sinxelo «Por una vez más» acadando o posto Nº1 en iTunes escasas unhas horas.[3] O tema posicionouse no posto 31 da lista de vendas oficial española na súa primeira semana de lanzamento.[26] A piques de facer un mes da estrea do sinxleo, unha edición física, que inclúe unha versión acústica do tema, saíu á venda o 13 de xullo, que veu acompañado das súas primeiras firmas superando as 10.000 copias en poucas semanas.[27][28]

Roi sería un dos artistas confirmados para a xira Déjate llevar 2018 de Cadena Dial onde compartiría escenario xunto os seus compañeiros Miriam Rodríguez e mais Cepeda amais doutros artistas como Gonzalo Hermida Lorena Gómez ou Beatriz Luengo entre outros.[29] Nesta xira o cantante estrearía «Insuficiente», unha nova canción do seu repertorio confirmada para o futuro álbum.[30]

Unha vez rematada a xira de Cadena Dial, o 28 de xullo a estrela debuta como cantante en solitario cunha xira de seu, Por Una Vez Más Tour, no festival Hoky Popi de Torrelavega, Cantabria, onde compartiu cartel con Dvicio, Álvaro Soler ou Brisa Fenoy.[31]

2019: Mi Lógico Desorden[editar | editar a fonte]

O 1 de marzo de 2019, lanzou o segundo sinxelo «Plumas» acadando o posto Nº2 en iTunes, definíndoo como un estilo "funky moderno".[32]

O 22 de marzo de 2019, lanzou o seu primeiro álbum «Mi Lógico Desorden».[33] O álbum entrou na lista de discos máis vendidos co segundo posto e co décimo cuarto en streaming[34] e estivo durante dez semanas nas listas oficiais.[35]

2020: Aviones de papel[editar | editar a fonte]

En decembro de 2019 rematou a xira "Mi Lógico Desorden" e en febreiro comezou a nova xira chamada "Aviones de papel". Con todo, os concertos de marzo, abril e xuño tiveron que trasladarse ao outono como consecuencia da pandemia mundial da COVID-19.

O 22 de maio lanzou o seu terceiro sinxelo chamado "Aviones de Papel" no colaboración co grupo Sinsinati.[36]

Discografía[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Título Ano Posición Álbum
PROMUSICAE



[37]
«Shape of You» (con Amaia Romero) 2017 92 Amaia Romero: Sus canciones
«Por una vez más» 2018 31 Mi Lógico Desorden
«Plumas» 2019 -
«Aviones de papel» feat. Sinsinati 2020 - Aviones de papel (single)
"—" denota un sinxelo que non acadou ningunha posición nas listas de vendas ou que inda non foi publicado.

Álbum[editar | editar a fonte]

Título Detalles do álbum Posición
PROMUSICAE



[37]
Mi Lógico Desorden
  • Saída: 22 de marzo do 2019
  • Discográfica: UMG
  • Formatos: CD, dixital
2
"—" denota un álbum que non acadou ningunha posición nas listas de vendas ou que inda non foi publicado.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Participación Notas Ref.
2009 My Camp Rock El mesmo Semifinal, Expulsado [38]
2017-18 Operación Triunfo El mesmo, concursante 10º Expulsado [39]
2018 OTVisión El mesmo Co-presentador [40]
2018 Paquita Salas El mesmo Cameo [41]
2019 La mejor canción jamás contada El mesmo, concursante La puerta de Alcalá [42]
2020 Tu cara me suena The Police Imitación, Walking on the Moon [43]

Radio[editar | editar a fonte]

Ano Título Participación Ref.
2018-presente Vodafone Yu El mesmo, colaborador [44]

Outros traballos[editar | editar a fonte]

Roi é un invitado asiduo no programa Aquí la tierra da TVE, con Andrea Villalobos, onde dan visibilidade a curiosas profesións propondo ó artista o reto de exerce-lo traballo. Fixo un cameo na segunda tempada da serie de televisión española Paquita Salas (2016).[45] Dende setembro de 2018, Roi co-presenta o programa de radio Vodafone Yu en Los 40 ,[46] convertendose nunha das imaxes da estación de radio.[47] Un estudo sobre as influencias nas redes sociais revelou que Roi foi o instagramer con máis engagement en 2018, debido á súa capacidade para crear unha forte relación cos seus seguidores.[48]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Miriam, Luis y Roi, son los concursantes gallegos de Operación Triunfo 2017". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-10-19. Consultado o 2018-12-10. 
  2. "Roi Méndez, cantante de Olympus entra en OT". SuperOrquestas (en castelán). 2017-10-24. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-10. 
  3. 3,0 3,1 "'Por una vez más'. Así es el primer single de Roi". Diez Minutos (en castelán). 2018-06-15. Consultado o 2019-02-27. 
  4. "Roi, el otro ourensano de OT". La Región (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 
  5. 5,0 5,1 "Roi Méndez Martínez - Orquestas de Galicia". www.orquestasdegalicia.es. Consultado o 2018-12-10. 
  6. "Roi Méndez: noticias, fotos y vídeos". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 
  7. "Entrevista a Roi Méndez, De mi atelier en Faro de Vigo". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 
  8. pablocalleriza (2009-10-31). "My Camp Rock Frab fly & Lucia Gil This is me". Consultado o 2019-02-27. 
  9. "My Camp Rock" (en castelán). 2019-02-22. 
  10. "Roi, concursante de OT Operación Triunfo 2017". Lecturas (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 2019-02-27. 
  11. "El concursante de Operación Triunfo Roi Méndez se incorpora al cartel del festival Hoky Popi Music". Ifomo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 2019-02-27. 
  12. "El concursante compostelano de OT: Jefe, los rumores eran ciertos, estoy saliendo con mi compañera". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-10-24. Consultado o 2018-12-10. 
  13. "CASTING COMPLETO de ROI,OT 2017". 2018-05-18. Consultado o 2019-02-27. 
  14. "La actuación de Roi Méndez destaca en una gala “catastrófica”" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-27. 
  15. "Roi Méndez: 'Mi relación con Cepeda es increíble desde el primer casting 'OT 2017', y sigue fuera'". FormulaTV (en castelán). Consultado o 2019-12-29. 
  16. Albert, Antonio (2019-02-27). "'OT 2017', gala 7: Roi, el favorito del público". mujerhoy (en castelán). Consultado o 2019-02-27. 
  17. "Sapoconcho, la palabra en gallego que hizo viral Roi en OT". Galiciae (en castelán). 2017-12-05. Consultado o 2018-12-11. 
  18. "A RAG rindese ao fenómeno sapoconcho: unha das máis propostas para Palabra do Ano". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-14. Consultado o 2018-12-11. 
  19. "Discography - Amaia Romero". Spanish Charts (en castelán). Consultado o February 5, 2018. 
  20. "Top 100 Canciones – Semana 6: del 2.2.2018 al 8.2.2018" (PDF). Productores de Música de España (en castelán). Consultado o February 15, 2018. 
  21. "‘OT 2017’: Roi se queda a las puertas de una final con Amaia, Miriam, Alfred y Aitana". El Confidencial (en castelán). 2018-01-16. Consultado o 2018-12-11. 
  22. "Una cita con 'OTVisión'". teleprograma.diezminutos.es. Consultado o 2018-12-11. 
  23. "OTVisión - Roi, el hater de los hater en las redes" (en castelán). 2018-04-02. Consultado o 2018-12-11. 
  24. "El jurado de España para Eurovisión 2018: Rafa Cano, Brisa Fenoy, Miriam Rodríguez, Roi Méndez y Conchita". RTVE.es (en castelán). 2018-04-30. Consultado o 2018-12-11. 
  25. "Miriam, Roi y Cepeda, teloneros de Queen en Barcelona". www.elespanol.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2018. Consultado o 2019-02-27. 
  26. "El portal de Música". www.elportaldemusica.es. Consultado o 2019-02-27. 
  27. "Por Una Vez Más Single - Edición Firmada". 2018-07-13. Consultado o 2019-02-27. 
  28. "¿Qué single salido de 'OT 2017' ha sido el más exitoso?". Los Replicantes (en castelán). Consultado o 2019-02-27. 
  29. "Gira 'Déjate Llevar' ¡Entérate de todos los cotilleos tras el escenario!". Cadena Dial (en castelán). 2018-07-24. Consultado o 2019-02-27. 
  30. "ROI MÉNDEZ - Insuficiente - Gira Déjate Llevar". 2018-07-24. Consultado o 2019-02-27. 
  31. Moreno, Merce (2018-07-25). "Roi Méndez anuncia las primeras fechas de ‘Por Una Vez Más Tour’". El Rescate Musical (en castelán). Consultado o 2019-02-27. 
  32. Merillas, Sergio L. (2019-03-01). "Así es el videoclip de 'Plumas', el nuevo single de Roi con cameo de Roberto Leal". elperiodico (en castelán). Consultado o 2019-03-03. 
  33. VAVEL.com (2019-03-23). "Roi Méndez estrena su disco debut "Mi lógico desorden"". VAVEL (en castelán). Consultado o 2019-04-02. 
  34. "El portal de Música". www.elportaldemusica.es. Consultado o 2019-04-02. 
  35. Música, El portal de. "Mi Lógico Desorden - Roi Méndez | EPDM" (en inglés). Consultado o 2020-05-22. 
  36. LOS40 (2020-05-22). "Roi Méndez, Sinsinati - Aviones De Papel [2020]". LOS40 (en castelán). Consultado o 2020-05-22. 
  37. 37,0 37,1 "spanishcharts.com - Discography Roi M%E9ndez". spanishcharts.com. Consultado o 2019-02-27. 
  38. "El pasado televisivo de los concursantes de 'OT 2017'". El Comercio (en castelán). 2017-11-22. Consultado o 2018-12-10. 
  39. "Roi - Operación Triunfo 2017". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 
  40. Rasero, Por Ignacio Herruzo y Vanessa Hogarth / Fotos: Guillermo Jiménez y M. J. (2018-04-02). "Una cita con 'OTVisión'". Diez Minutos (en castelán). Consultado o 2019-02-27. 
  41. "Roi y Alfred actuarán en la 2ª temporada de ‘Paquita Salas’". La Vanguardia. 2017-12-28. Consultado o 2018-12-10. 
  42. "'La mejor canción jamás cantada': Alfred, Ana Guerra, Roi y Falete concursarán en el talent de La 1". Consultado o 2019-02-047. 
  43. "Roi Méndez continúa 'Walking on the moon' como The Police". Antena3 (en castelán). 2020-03-14. Consultado o 2020-05-22. 
  44. "Roi Méndez ('OT 2017') ficha por Los 40 para colaborar en 'Yu'". prnoticias.com (en castelán). Consultado o 2018-12-10. 
  45. "Roi y Alfred actuarán en la 2ª temporada de ‘Paquita Salas’". La Vanguardia (en castelán) (Grupo Godó). 1 December 2018. Consultado o 8 December 2018. 
  46. "Roi Méndez ('OT 2017') ficha por Los 40 para colaborar en 'Yu'". Pr Noticias (en castelán). 10 September 2018. Consultado o 8 December 2018. 
  47. "Roi se estrena como colaborador en Yu y demuestra que tiene futuro en la comedia". As (en castelán). 18 September 2018. Consultado o 8 December 2018. 
  48. "Roi Méndez, influencer español con mayor nivel de engagement". Marketingdirecto (en castelán). Consultado o 17/12/2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]