Roger Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger Miller
Nado enBoston, Massachusetts
IrmánsLarry Miller e Ben Miller
Ocupacióncantante, pianista, letrista, compositor de cancións, músico e guitarrista
Relacionado conMission of Burma, Alloy Orchestra, Birdsongs Of The Mesozoic
Na rede
https://rogerclarkmiller.com/
IMDB: nm1964132 MySpace: rogercmiller Musicbrainz: 813598d3-1a9c-4ad1-9319-aab8b5308402 Songkick: 247754 Discogs: 677599 Allmusic: mn0000248479 Genius: Roger-miller Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roger Miller é un cantante, compositor e multi-instrumentista estadounidense coñecido por ser o co-fundador dos grupos Mission of Burma e Alloy Orchestra. Os seus principais instrumentos son a guitarra e o piano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Miller naceu en Boston e medrou en Ann Arbor, Míchigan. Inspirado por Jimi Hendrix e as bandas da zona de Detroit, como The Stooges e MC5, formou varios grupos de garage na súa adolescencia. Cos seus irmáns Benjamin (Ben) Miller e Laurence B. (Larry) Miller, creou Sproton Layer; as súas gravacións foron recompiladas e editadas en 1992 como With Magnetic Fields Disrupted. Miller tocaba o baixo e era o cantante e compositor principal na continuación de Sproton Layer, a banda M3.

Asistindo á CalArts en 1976, especializouse en composición, tamén estudou piano e corno inglés, e estudou a música de compositores experimentais do século XX como John Cage e Karlheinz Stockhausen. Finalmente abandonaría a universidade para dedicarse ao punk rock.

Mission of Burma[editar | editar a fonte]

Miller mudouse a Boston, Massachusetts e alí foi membro do grupo de curta vida Moving Parts, antes de co-fundar Mission of Burma en 1979. A bando foi popular en Boston e os arredores, pero foi incapaz de expandir a súa audiencia. Miller tocaba a guitarra e cantaba, e encargábase de compoñer ao lado do baixista e cantante Clint Conley. Foi idea de Miller convidar a Martin Swope para que se unise ao grupo e engadir efectos de cinta, dándolle un son experimental infrecuente.

Mission of Burma separouse en 1983, en gran parte debido ao empeoramento do tinnitus que padecía Miller (ese empeoramento debeuse notoriamente ao alto volume dos seus directos). Nos anos seguintes, as poucas gravacións de Mission of Burma medraron en importancia e influencia.

A banda reformaríase no ano 2002, con Bob Weston de Shellac substituíndo a Swope. Nesta nova etapa a banda editou tres álbums: ONoffON (2004), The Obliterati (2006), The Sound the Speed the Light (2009).

Outros proxectos musicais[editar | editar a fonte]

Tras a separación de Mission of Burma en 1983, Miller centrou a súa atención no piano, e tocou na máis experimental e instrumental banda Birdsongs Of The Mesozoic, que deixaría en 1987. Despois diso Miller faría varias colaboracións, traballos en solitario e bandas sonoras de películas.