Rogelio Martínez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rogelio Martínez González
Nacemento1956
Lugar de nacementoA Arnoia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Rogelio Martínez González, nado na Arnoia en 1956, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En abril de 1979 foi elixido alcalde da Arnoia con maioría absoluta, sendo naquel momento o alcalde máis novo de España.[1]. Continuou como alcalde da Arnoia con maioría absoluta á fronte de Alianza Popular (logo Partido Popular) durante 30 anos. Chegou a ser presidente da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro, portavoz do PPdeG na Deputación de Ourense e vicepresidente primeiro de Xosé Luis Baltar. En maio de 2009 foi nomeado Delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense[2], polo que abandonou a alcaldía e os seus cargos na Deputación. Mantívose como Delegado ata o 8 de outubro de 2015, cando o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o cesou.[3][4]


Predecesor:
Rafael Bangueses Bangueses
 
Alcalde da Arnoia
 
1979 - 2009
Sucesor:
José Camilo Fariñas

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]