Rodrigo Mendes Silva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rodrigo Mendes Silva Lusitano, nado en Celorico da Beira en 1606 e finado en Venecia en 1670, foi un historiador, xeógrafo e escritor portugués que viviu na Coroa de Castela no século XVII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi cronista Xeral e membro do Supremo Consello de Castela, traballou para reis como Filipe III e Filipe IV. Mantivo tamén amizade con outos grandes autores da época, especialmente casteláns e andaluces como Tirso de Molina, Garcilaso de la Vega, ou Calderón de la Barca.

Entre as súas obras máis coñecidas destaca a súa Poblacion general de Espana (1644).