Rodolfo Bodipo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodolfo Bodipo
Información persoal
Nome Rodolfo Bodipo Díaz
Nacemento 25 de outubro de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento Dos Hermanas e Sevilla
Altura 1,81 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
Dos Hermanas
Sevilla
CD Montequinto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1995–1996 Ángulo CF
1996–1997 UA Ceutí
1997–1998 Albacete B 9 (2)
1997–1998Hellín (cedido) ? (6)
1998 Isla Cristina 9 (2)
1998–2001 Recreativo 96 (21)
2001–2004 Racing de Santander 81 (27)
2004–2006 Alavés 74 (23)
2006–2013 Deportivo da Coruña 90 (12)
2010Vaslui (cedido) 3 (0)
2010–2011Elche (cedido) 24 (2)
2013 Xerez 10 (2)
Selección nacional
2003–2013 Guinea Ecuatorial 6 (1)
Na rede
Instagram: rodolfo_bodipo FIFA: 206471 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rodolfo Bodipo Díaz, nado en Dos Hermanas (Sevilla) o 25 de outubro de 1977, é un exfutbolista hispano-ecuatoguineano. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección ecuatoguineana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Club Deportivo Isla Cristina ata que en decembro de 1998 e grazas aos problemas económicos do seu club, fichou polo Recreativo de Huelva. Debutou co seu novo club o 20 de decembro de 1998 nun partido contra o Atlético de Madrid B. Na tempada 1999-2000 foi o máximo goleador do club Decano de España, o Recreativo de Huelva con 6 goles.

En 2001 fichou polo Racing de Santander. Esa tempada consegue o ascenso á Primeira División con este equipo. Debutou en Primeira o 31 de agosto de 2002 con resultado de Racing 0 - 1 Valladolid. Na súa última tempada co Racing xogou 20 partidos como titular e marcou 7 goles.

En 2004 fichou polo Deportivo Alavés conseguindo o ascenso a Primeira División esa mesma tempada, disputou 38 partidos como titular e marcou 16 goles.

En 2006 fichou polo Deportivo da Coruña pero por mor dunha lesión non puido xogar a tempada completa. Desde entón xoga no club galego, co que xogou na Copa da UEFA, na que marcou un gol.

O 8 de xullo de 2010 o Deportivo pechou a cesión do xogador ao FC Vaslui romanés por unha tempada,[1] anunciándose o 29 de agosto unha nova cesión, esta vez ao Elche CF, tamén por unha campaña.[2]

O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Bodipo foi internacional coa Guinea Ecuatorial en cinco ocasións, nas que marcou tres goles. Isto foi ante Liberia en setembro de 2006 no Estadio Internacional de Malabo e ante a selección nixeriana no mesmo estadio nun partido amigable. El é o capitán da súa selección e trátase dun dos xogadores referencia de dito combinado, xunto con Javier Balboa.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]