Rodoaldo de Friúl
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodoaldo ou Rodoald, finado posteriormente ao ano 695, foi duque longobardo de Friúl do 671 ao 695 aproximadamente.
Traxectoria [editar]
Sucesor de Landari, durante o reinado de Cuniperto, sobre o 695, sufriu a usurpación por parte de Ansfrido, que actuou sen o consentimento do rei o cal, porén, nun primeiro momento parece tolerar o cambio en Cividale. Rodoaldo fuxiu a Istria, chegou por mar a Ravenna e, desde alí, se dirixiu a Pavía ante a corte de Cuniperto. Despois da definitiva deposición de Ansfrido, que tamén se rebelara contra o rei, Cuniperto confioulle o ducado ao irmán de Rodoaldo, Adón.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992).