Rockall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización de Rockall
Farallón Rockall

Coordenadas: 57°35′48″N 13°41′19″W / 57.59667°N 13.68861°W / 57.59667; -13.68861

Rockall é un pequeno farallón rochoso situado no Océano Atlántico Norte a máis de 300 km do territorio máis próximo, tamén coñecido polos mariñeiros galegos como O Con [1]. Pertence ao Reino Unido. Cun diámetro de 27 m de ancho e unha altura duns 23 m posuíndo un área actualmente emerxida de 570 , este pequeno illote adoita ser cuberto polas grandes ondas provocadas polas treboadas, especialmente no inverno. É o cumio dun volcán extinto.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo as fontes británicas o nome deste estratéxico illote deriva do gaélico escocés Sgeir (rocha no mar) e Rocail (rasgada), transcripto logo polos ingleses como "Roaring Rock" (en inglés: "Rocha Ruxinte"), quedando finalmente a palabra gaélica rocail transformada en Rockall.

Importancia[editar | editar a fonte]

A súa importancia radica en que o Reino Unido, aínda que o illote non posúe unha zona económica exclusiva, reivindica para si o dereito sobre os recursos do leito submarino ao redor do farallón. Con todo esa reivindicación choca coas peticións sobre o mesmo territorio por parte de Islandia, Illas Faroe (Dinamarca) e Irlanda.

En 1997 a organización Greenpeace ocupou o illote en protesta pola exploración de xacementos petrolíferos por parte dos británicos. Cambiaron o seu nome a Waveland e proclamaron a súa independencia como un novo estado. O goberno británico limitouse a autorizar a súa permanencia na rocha. O experimento durou ata 1999 no que colapsou por falta de fondos. Durante ese período chegou a ocuparse a rocha durante 42 días seguidos o que constitúe a marca de permanencia no illote.

O 8 de febreiro de 2000, o barco oceanográfico inglés R.S.S. Discovery rexistra unha onda de 29.1 metros, a maior onda medida ata o momento. O feito sucedeu nas proximidades do illote de Rockall durante un temporal con ventos de forza 9 e ondas de 18 metros de altura media.

En setembro de 2007 o estado británico deu a coñecer a súa pretensión de estender a soberanía sobre a área marítima ao redor de Rockall ata 350 millas náuticas (563,3 km).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En Souto, Xurxo. (2014) Contos do Mar de Irlanda. [Vigo]: Xerais. ISBN 978-84-9914-699-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]