Rocío Jurado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRocío Jurado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María del Rocío Trinidad Mohedano Jurado Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Chipiona, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de xuño de 2006 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Alcobendas, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de páncreas Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaSan José municipal cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa más grande
La niña de los premios
La insuperable
La chipionera
La Jurado Editar o valor em Wikidata
ResidenciaAlcobendas Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Altura167 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCoffee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e Actuación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , actriz de cinema , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor em Wikidata - 2006 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCopla andaluza, Flamenco e Latin ballad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Spain (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Ortega Cano (1995–2006), morte
Pedro Carrasco (1976–1989, 1994), divorcio, Declaração de nulidade (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosRocío Carrasco, biological child (en) Traducir
 () Pedro Carrasco
Gloria Camila Ortega, fillo adoptivo
José Fernando, fillo adoptivo Editar o valor em Wikidata
PaisFernando Editar o valor em Wikidata  e Rosario Editar o valor em Wikidata
IrmánsGloria e Amador Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0432834 Allocine: 247642
Musicbrainz: ad0a0af5-be4d-4302-84af-4e69bf91b201 Discogs: 663325 Find a Grave: 14468406 Genius: Rocio-jurado Editar o valor em Wikidata

María del Rocío Mohedano Jurado, nada en Chipiona o 18 de setembro de 1946 e finada en Alcobendas o 1 de xuño de 2006, foi unha cantante de copla e canción español coñecida en España e Latinoamérica, máis coñecida como Rocío Jurado. Especializouse en xéneros musicais xenuinamente españois así como na balada romántica, faceta coa que alcanzou relevancia internacional. Nos seus últimos anos experimentou con ritmos hispanos e gospel.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mausoleo da artista en Chipiona, Cádiz.

Rocío Jurado naceu no número 11 da Rúa Calvo Sotelo, nunha familia humilde. O seu pai, Fernando Mohedano, era zapateiro e a súa nai, Rosario Jurado, era unha ama de casa e intérprete afeccionada da música española. A súa primeira aparición pública foi con oito anos de idade, nunha obra teatral no seu Colexio da Divina Pastora. Dende moi nova aprendeu a traballar duro. Con once anos morreu o seu pai e tivo que botar unha man para a economía da familia. Traballou como zapateira, na recolección de froitos e aínda tivo tempo para presentarse aos concursos de Radio Sevilla. O seu primeiro premio consistiu en 200 pesetas, unha botella de gasosa e un par de medias.

Con dezaseis anos da man da súa nai, viaxou a Madrid para facerse artista, con todo, a súa carreira imparable non comezou ata o seu primeiro encontro coa cantaora Pastora Imperio, quen a contratou no tablao que dirixía, El Duende.

Rocío Jurado, amenceu cun repertorio musical, dun xénero que comezaba a perder forza, a copla, que revitalizou coas súas performances enérxicas, tanto en voz e presenza de escenario. A xente xa nos anos sesenta e setenta coñecía a Rocío en parte por algunhas das aparicións na televisión e cine, pero deu o salto ao status de estrela internacional por se curvar a un repertorio melódico de baladas románticas, con instrumentación orquestral e unha imaxe persoal (pelo, maquillaxe e roupas). De finais dos anos setenta, oitenta e noventa son os seus éxitos "Como una ola", "Señora", "Como yo te amo" ou "Como las alas al viento", moitos deles compostos por Manuel Alejandro. En 1982, aplicou o seu talento cantando flamenco nun LP dobre.

O cancro que se manifestou nos seus últimos anos obrigouna a retirarse do escenario, con todo, a finais de 2005 apareceu nun programa especial para TVE.

A súa voz foi recoñecida internacionalmente. Proba diso é o premio de Mellor Voz Feminina do século XX, concedido en 2000 en Nova York. Ademais, cantou na Casa Branca para o entón presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, conta con 150 discos de ouro e 63 de platino.

Casou dúas veces: a primeira co boxeador Pedro Carrasco (co que tivo a súa única filla biolóxica, Rocío Carrasco), e máis tarde co toureiro José Ortega Cano.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Rocío... siempre (2006)
  • Yerbabuena & nopal (2003)
  • La más grande (2001)
  • Con mis cinco sentidos (1998)
  • Palabra de honor (1994)
  • La Lola se va a los puertos (1993)
  • Como las alas al viento (1993)
  • Sevilla (1991)
  • Nueva Navidad (1990)
  • Rocío de luna blanca (1990)
  • Punto de partida (1989)
  • Canciones de España...a mi querido Rafael de León (1988)
  • ¿Dónde estás, amor? (1987)
  • Paloma brava (1985)
  • El amor brujo (1985)
  • Desde dentro (1983)
  • Y sin embargo te quiero (1983)
  • Ven y sígueme (1981)
  • Como una ola (1981)
  • Canciones de España (1981)
  • Señora (1979)
  • Por derecho (1979)
  • Canta a México (1979)
  • De ahora en adelante (1978)
  • Rocío Jurado /Columbia (1976)
  • Rocío Jurado (1976)
  • Rocío (1975)
  • Rocío Jurado (1974)
  • Amor marinero (1974)
  • Soy de España (1973)
  • Rocío Jurado (1971)
  • Rocío Jurado (1968)
  • Proceso a una estrella (1967)

Filmografía[editar | editar a fonte]

Nacional[editar | editar a fonte]

  • La Lola se va a los puertos (1994)
  • Sevillanas (1992)
  • El amor brujo (B.S.O.) (1986)
  • Horas doradas (televisión) (1980)
  • La querida (1976)
  • Las Tentadoras (televisión) (1975) Epis serie Este señor de negro
  • Rocío y los detonadores (televisión) (1972)
  • Una chica casi decente (1971)
  • Lola, la Piconera (televisión) (1969)
  • En Andalucía nació el amor (1966)
  • Proceso a una estrella (1966)
  • Los guerrilleros (1963)

Internacional[editar | editar a fonte]

  • La zapatera prodigiosa (Arxentina)
  • De España al cielo (Arxentina)
  • Lola Montes (Arxentina)
  • Aquellos tiempos (Arxentina), candidata para o premio Martín Fierro

Premios[editar | editar a fonte]

En España[editar | editar a fonte]

  • Rocío ten 150 discos de Ouro e 63 de Platino.
  • Premio Nacional ao cante Flamenco de Xerez da Fronteira.
  • Trofeo Al Andalus.
  • Protagonista de ano xunto a Montserrat Caballé, no Programa de Luis Del Olmo (1982).
  • Radio Nacional de España nombrouna "A Andaluza más popular do ano", así como "A mellor intérprete". Este último reconocemento foi debido ao éxito da súa canción "Tengo miedo", que durante varios meses ocupou os primeiros postos das listas de éxitos da canción española.
  • Lady España 1967.[1]
  • Filla Predilecta de Chipiona en 1968.
  • Parra de Ouro do histórico Festival do Moscatel (1968).
  • En 1984, foille concedida a medalla de Ouro ao Mérito Turístico.
  • Andaluza Universal (1984).
  • Medalla de Ouro da Xunta de Andalucía (1986).
  • En 1986, recibe unha Placa Empresa De Castilla, por bater récord de portelo tanto en asistencia de público, como en recadación, no Teatro Monumental de Madrid, coa serie de recitais 'Rocío Brava'.
  • Premio ABC de Ouro (1987).
  • En 1991 recibe o premio limón e anos máis tarde en 1994 recibe o laranxa , pola boa relación coa prensa, sendo ata a data a única persoa que ten os dous.
  • En 1992 no teatro da Maestranza de Sevilla, recibe o Premio Humanidad, concedido por ASPACE (Confederación Española de Federaciones y Asociaciones de Atención a las Personas con Parálisis Cerebral y Afines).
  • En 1995, recibe a Medalla de Ouro das Belas Artes de man de Xoán Carlos I, Rei de España.
  • Embaixadora de Cádiz (1996).
  • En 1999, recibe o premio Pimiento de Oro Cidade de Murcia.
  • En 1999, é nombrada Hija Predilecta de la Provincia de Cádiz.
  • Hija predilecta de Chiclana (2001).
  • Dende xulio de 2002, membro honorífico do Foro Iberoamericano das Belas Artes.
  • Premio Shangay pola traxectoria profesional (2004).
  • Estrela de ouro da prensa (2004).
  • Premio yerbabuena de prata (2005).
  • Filla Adoptiva da Cidade de Cádiz (2006).
  • Medalla de Ouro ao Mérito do Traballo (2006).
  • Filla Adoptiva da provincia de Sevilla (2007).
  • Premio Estrela Music Award á traxectoria de Rocío Jurado - Tenerife - (2010).

En América[editar | editar a fonte]

  • Rocío Jurado é nomeada a Mellor Voz Feminina do Século XX - "Premio La Voz del Milenio" concedido no ano 2000 na cidade de Nova York.
  • En 1973 en México a crítica especializada nomeouna cantante extranjera de mayor impacto en México.
  • Rocío Jurado foi unha das artistas estranxeiras máis premiadas pola ACE, Asociación de Cronistas no Estranxeiro:
Mellor show internacional (1988).
Mellor intérprete internacional (1982).
Mellor intérprete feminina (1984).
Mellor álbum do ano. Premiada en dúas ocasións, polos álbums:
Señora.
Paloma Brava.
Canción do ano, en distintas ocasións polos temas:
Señora.
Como una ola.
¿Por qué me habrás besado?
Se nos rompió el amor.
Premio Extraordinario por Distinción e Mérito no ano 1989.
Recoñecemento á carreira artística (1989).
  • No ano 1986, é nomeada raíña do carnaval de Miami.
  • En 1985 cantou na Casa Branca para o Presidente dos Estados Unidos, Ronald Reagan, posteriormente faría o mesmo con George W. Bush.
  • En 1987 recibe o Quijote de Oro á artista que máis vínculos estreita entre o Vello e o Novo Continente.
  • En 1988, por vez primeira unha artista de fala hispana é premiada co trofeo "AMÉRICA"
  • Artista internacional do ano en Porto Rico (3 veces).
  • Artista internacional da República Dominicana (2 veces).
  • No ano 1990 outórgaselle unha Estrela na rúa 8 de Miami.
  • Filla predilecta de Miami (1991).
  • Declárase o día de Rocío Jurado na cidade que recae sobre o día 19 de outubro.
  • En 1992 recibe o Premio “Aplauso 92” en Miami.
  • Guaicapuro de Oro de Venezuela (1985).
  • Premio Super Q á artista da Década (1990).
  • Cantante Hispana da década en Miami (1991).
  • Premio La gran manzana Nova York (2001).
  • Traxectoria profesional en Nova York (2003).
  • En 2003, recibe en Miami na entrega dos premios OPI 2003, un galardón en recoñecemento á labor artística.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Telecinco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 11 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]