Roberto Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Roberto Salgueiro González, nado en Caracas o 28 de outubro de 1966, é un escritor e director de teatro galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, foi director da Aula de Teatro da USC, dirixiu cursos e participou en tarefas de tradución e dirección de Teatro da Lúa e Uvegá-Teatro. Colaborou en revistas teatrais.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • O arce no xardín, 1989, Xerais, estreada polo Centro Dramático Galego no mesmo ano da súa publicación.
  • Historia de Neera, 1989, edición do autor, estreada por Teatro do Atlántico en 1990.
  • Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, 2001, Xerais
  • Matanza, 2002, Deputación da Coruña.
  • Apnea, 2003, Baía.
  • Molière final, 2003, Xerais.
  • Historia da chuvia que cae todos os días, 2008, Xerais.
  • Memoria de Helena e María, 2009, Difusora.
  • Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can), 2009, Baía.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Álvaro Cunqueiro no 1988, por O arce no xardín.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2000, por Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado.
  • Finalista do Premio Rafael Dieste no 2001, por Matanza.
  • Premio de Dramaturxia Carlos Couceiro no 2002, por Apnea.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2002, por Molière final.
  • Premio de Teatro Abrente no 2006, por Memoria de Helena e María.
  • Premio Álvaro Cunqueiro no 2007, por Historia da chuvia que cae todos os días.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]