Roberto López-Iglésias Samartim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto López-Iglésias Samartim

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Redondela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseElias Torres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 1736420

Roberto López-Iglésias Samartim, nado en Redondela en 1971, é un filólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Galega (1998), Filoloxía Portuguesa (1998), DEA [Mestrado] en Estudos Clásicos e Medievais (2000) e Doutor en Filoloxía Galega (2010) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural, dirixida por Elias Torres.[1] Foi bolseiro de investigación do Instituto Camões (1999-2001) e da USC (2003-2005), e profesor visitante na Universidade de Vigo (2003). Desde 2006 é profesor na Área de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Membro do grupo Galabra, entre 2011 e 2014 foi secretario xeral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL). Actualmente é o responsábel de comunicación da entidade e editor de Plataforma9. Desde novembro de 2010 dirixe a revista Agália.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557), 2003, Laiovento.
  • Mudança política e sistemas culturais em transiçom, 2017, Laiovento.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Carvalho Calero de Investigación en 2002, con A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]