Roberto Goyeneche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goyeneche.

Roberto Goyeneche, nado en Saavedra (cidade de Buenos Aires) o 29 de xaneiro de 1926 e finado en Bos Aires o 27 de agosto de 1994, foi un exitoso cantor de tango de ascendencia vasca. Foi moi recoñecido pola súa calidade interpretativa e polo seu particular modo de frasear con rubato as melodías do tango. Esta particularidade baseábase en non facer coincidir o tempo da letra que cantaba co tempo do acompañamento musical. A frase sempre quedaba por diante ou por detrás do compás, cousa bastante infrecuente no tango.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]