Robert Schultzberg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Schultzberg

Nome completo
Alias
Naceu 3 de xaneiro de 1975 (38 anos)
Orixe Xenebra, Suíza Flag of Switzerland.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) batería
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Placebo
Tempo en activo
Web

Klas Robert Schultzberg, nado en Xenebra o 3 de xaneiro de 1975, foi o batería orixinal da banda de rock alternativo Placebo. Malia que suízo, é de ascendencia inglesa e sueca.

Traxectoria [editar]

Schultzberg coñeceu a Olsdal nunha banda no colexio en Suecia e uníronse a Placebo cando a banda se formou en setembro de 1994, gravando a primeira demo en abril de 1995, conseguindo a atención da industria discográfica e que culminou cun contrato coa Virgin Records.

Inicialmente deixou a banda en setembro de 1995, pero volveu para gravar o primeiro sinxelo de 7" "Bruise Pristine". Despois dunha discusión en agosto de 1996, despois da súa primeira aparición na televisión, Molko decidiu que sería mellor para a banda que Schultzberg a deixase. Schultzberg suxeríu tocar xuntos ata o final da promoción do seu álbum de estrea. En setembro de 1996 a banda estivo de xira polos Estados Unidos e antes de sair a escena no primeiro concerto en New York, Olsdal informou a Schultzberg que non estaría na xira alemá que seguiría á estadounidense. Robert realizaría dous concertos máis en París antes de deixar o grupo.