Robert Neelly Bellah

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Neelly Bellah, nado en Altus o 23 de febreiro de 1927, é un sociólogo estadounidense, profesor emérito da Universidade de California, Berkeley e coñecido polo seu traballo sobre a "relixión civil americana", termo que empregou por primeira vez nun artigo de 1967.[1] A súa magnum opus, Religion In Human Evolution, traza as orixes biolóxicas e culturais da relixión e a súa evolución. Na súa obra ofrece procesos innovadores para reconciliar as sociedades relixiosas tradicionais co cambio social [2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade Harvard doutorándose en 1955. Foi discípulo de Talcott Parsons, durante os seus anos de estudante foi militante do Partido Comunista dos Estados Unidos. Deu clases en Harvard entre 1957 e 1967, ano no que pasou a Berkeley como profesor de socioloxía, presidindo o Centro de Estudos Xaponeses e Coreanos (1968-1974) e o departamento de socioloxía (1979-1985).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Tokugawa Religion: The Values of Pre-Industrial Japan (1957)
  • Religion and Progress in Modern Asia (1965)
  • Beyond Belief: Essays on Religion in a Post-Traditional World (1970)
  • Emile Durkheim on Morality and Society (1973)
  • The Broken Covenant: American Civil Religion in Time of Trial (1975)
  • The New Religious Consciousness (1976)
  • Varieties of Civil Religion (1980)
  • Habits of the Heart: Individualism and Commitment in American Life (1985)
  • Uncivil Religion: Interreligious Hostility in America (1987)
  • The Good Society (1991)
  • Imagining Japan: The Japanese Tradition and its Modern Interpretation (2003)
  • The Robert Bellah Reader (2006)
  • Religion in Human Evolution: From the Paleolithic to the Axial Age (2011)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bellah, 1967 (Winter). "Civil Religion in America". Journal of the American Academy of Arts and Sciences 96 (1): 1–21. Arquivado do orixinal o 2005-03-06. http://web.archive.org/web/20050306124338/http://www.robertbellah.com/articles_5.htm.  From the issue entitled Religion in America.
  2. Encyclopaedia Britannica

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]