Robert B. Laughlin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Robert Laughlin»)
Infotaula de personaRobert B. Laughlin

Robert Betts Laughlin
Nome orixinal(en) Robert Betts Laughlin Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1950 (73 anos)
Visalia, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Director de teseJohn Joannopoulos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porefecto Hall cuántico
Actividade
Campo de traballoFísico, profesor universitario e escritor de non ficción
Lugar de traballo Stanford Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , escritor de non ficción , profesor universitario , académico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
Laboratório Nacional de Lawrence Livermore (pt) Traducir
Bell Labs (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoDeborah Berebichez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Física (1998)

Páxina webprofiles.stanford.edu… Editar o valor em Wikidata

Robert Betts Laughlin, nado o 1 de novembro de 1950, é un físico teórico estadounidense quen, canda Horst L. Störmer e Daniel C. Tsui, obtivo en 1998 o Premio Nobel de Física pola súa explicación do efecto Hall cuántico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Laughlin naceu en Visalia, California. Obtivo o seu B.A. en física na UC Berkeley en 1972, e o seu PhD en física en 1979 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, Cambridge, Massachusetts, EUA. Foi profesor de física da Universidade Stanford de 1989 a 2004. Agora é presidente de KAIST en Daejeon, Corea do Sur.

A mensaxe central do seu libro A Different Universe (Un universo diferente) é que a verdadeira fronteira da ciencia está, non no pequeno, senón no complexo. Cando se agregan moitos átomos para formar un sólido ou un tecido biolóxico, xorden novos principios organizativos que non poden derivarse rigorosamente a partir de leis microscópicas e que carecen de significado en sistemas de poucas partículas.

Laughlin insiste en que a investigación deses conceptos emerxentes que operan na organización complexa da materia é tan “fundamental” como a investigación sobre as forzas elementais. Se se atende á ciencia no seu conxunto, a idea de emerxencia, segundo a cal o todo é algo máis que as súas partes, é moito máis relevante que a de redución, pois case toda actividade científica, incluída a física, e toda a tecnoloxía, ocúpase de nocións emerxentes. Estas van desde a temperatura dun líquido até a resistencia dun edificio pasando pola morfoloxía dunha flor. No “universo diferente” que propón Laughlin, a ciencia reconcíliase co sentido común porque toda percepción da realidade baséase en conceptos e leis emerxentes.

Obras[editar | editar a fonte]