Robert K. Merton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert K. Merton
Nome completoMeyer Robert Schkolnick
Nacemento4 de xullo de 1910
Lugar de nacementoFiladelfia
Falecemento23 de febreiro de 2003
Lugar de falecementoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Temple, Universidade Harvard e South Philadelphia High School
Ocupaciónsociólogo e profesor universitario
CónxuxeHarriet Zuckerman
FillosRobert C. Merton
Coñecido porSocial Theory and Social Structure
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Bolsa MacArthur, Medalla Nacional de Ciencia, John Desmond Bernal Prize, W.E.B. Du Bois Career of Distinguished Scholarship award, Derek John de Solla Price Award, doutor honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid, Honorary doctor of Leiden University e honorary doctorate of the University of Oslo
Na rede
Dialnet: 193682 Find a Grave: 9400513 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert King Merton, nado en Filadelfia o 4 de xullo de 1910 e finado en Nova York o 23 de febreiro de 2003, foi un sociólogo estadounidense e pai do Premio Nobel de Economía, Robert C. Merton.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Merton pasou a maior parte da súa traxectoria profesional na Universidade de Columbia, onde foi profesor, en 1994 gañou a Medalla Nacional de Ciencia polas súas contribucións e por ser o fundador da socioloxía da ciencia.[1]

Merton desenvolveu recoñecidos conceptos como as "consecuencias imprevistas[2], o "grupo de referencia" [3] ou a "tensión do rol" pero é máis coñecido por crear os termos "modelo a seguir" e "profecía autorealizada".[4]. Elemento central da moderna teoría sociolóxica, política e económica, a profecía autorrealizada, é un proceso no que unha crenza ou unha predición, correcta ou incorrecta, afecta o desenvolvemento dunha situación ou o xeito no que unha persoa ou grupo se comporta.[5]. O traballo de Merton sobre o modelo a seguir apareceu primeiro nun estudo sobre a socialización de estudantes de medicina en Columbia. O termo desenvolveuse máis coa teoría de grupo de referencia, ou o grupo co que os individuos se comparan entre eles, pero non é necesariamente ao que pertencen. O rol social foi unha peza central na teoría de grupos sociais de Merton, que enfatiza que máis que unha persoa asuma un rol ou un status, os individuos teñen un status asentado na estrutura social que está conectada como un conxunto de comportamentos esperados.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Robert K. Merton". 
  2. "The University of Chicago Press". Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2010. Consultado o 20 de decembro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 "Gerald Holton Robert K. Merton Proccedings of the American Philosophical Society Vol. 148, Nº. 4, december 2004" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de agosto de 2007. Consultado o 11 de agosto de 2007. 
  4. Robert K. Morton The Unanticipated Consequences of Purposive Social Action Vol. 1, nº6, 1936, p. 894-904
  5. Columbia Electronic Encyclopedia, 6th Edition; 1/1/2009, p.1 "Self-fulfilling prophecy"