Robert Hunter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Hunter
Robert Hunter - troisième étape du Tour de Romandie 2010 (cropped).jpg
Información persoal
Nacemento Robert Hunter
22 de abril de 1977 (37 anos)
Xohanesburgo, Suráfrica
Outros nome(s) Robbie Hunter
Nacionalidade Suráfrica Suráfrica
Equipo
Último equipo Barloworld
Equipo(s) Pro
1999-2001
2002
2003-2004
2005-2006
2007-
Lampre-Daikin
Mapei
Rabobank
Phonak Hearing Systems
Barloworld
Principais vitorias

Robert Hunter, tamén coñecido como Robbie Hunter, nado o 22 de abril de 1977 en Xohanesburgo, é un ciclista surafricano especialista en espríns.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Hunter fíxose profesional en 1999 e dende entón foi atravesando diversos conxuntos, onde figurou como un esprínter relevante que, porén, non ten acadado gran número de vitorias en probas de gran categoría. Así, comezou a súa carreira no Lampre (1999), despois pasou ao Mapei (2002), ao Rabobank (2003) e en 2005 arriba ao Phonak.

Con este camisola acompañou a Floyd Landis na súa vitoria no Tour de Francia 2006, que despois perdeu por dopaxe e en favor de Óscar Pereiro. Despois da disolución do equipo como consecuencia do escándalo mediático, Hunter foi fichado polo Barloworld, un conxunto novo, onde ocupou a praza de líder. O equipo estreouse con bo pé no Tour de Francia 2007, conseguindo dúas vitorias de tirada, entre elas a do propio Robert Hunter. Ao conseguir a tirada número 11 da rolda gala, Hunter convertíase ao mesmo tempo no primeiro ciclista africano en gañar unha xornada do Tour de Francia.

É un ciclista de tamaño medio, apto para rodar, con 1,78 m de altura e 72 kg de peso.

Principais vitorias[editar | editar a fonte]

Ademais, foi nomeado mellor ciclista surafricano (premio Pick 'n Pay Go Banking) en 2001, 2002, 2003 e 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]