Robert Downey, Jr.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Robert Downey")
Robert Downey, Jr.
Robert Downey Jr avp Iron Man 3 Paris.jpg
Robert Downey Jr. no 2013.
Nacemento Robert John Downey, Jr.
4 de abril de 1965
Nova York, Estado de Nova York, Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor
(1970-presente)
Cónxuxe(s) Deborah Falconer (1992–2004)
Susan Downey (2005–presente)
Fillo(s) 2
Ficha na IMDb

Robert John Downey, Jr., nado o 4 de abril de 1965 en Nova York, é un actor, produtor, guionista e cantautor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Downey principiou a súa carreira no cinema en 1970, á idade de cinco anos, cando apareceu no filme de seu pai, Pound, e desde aquela non deixou de traballar no cinema e na televisión. Durante a década de 1980 traballou en filmes para adolescentes e mozos asociados cos Brat Pack. Less Than Zero (1987) foi o primeiro no que a súa actuación foi recoñecida pola crítica, e logo comezou a interpretar papeis protagonistas en filmes de máis presuposto como Air America (1990), Soapdish (1991) ou Natural Born Killers (1994), polo seu papel de Charlie Chaplin en Chaplin (1992) levou unha nominación para o Óscar ao mellor actor.

Entre 1996 e 2001, Downey foi frecuentemente arrestado por consumo e posesión de drogas e estivo en varios programas para o tratamento da súa dependencia, despois de saír de prisión en 2000, Downey uniuse ao elenco da serie Ally McBeal, interpretando ao novo amor da protagonista, gañando un Globo de Ouro pero o seu personaxe retirouse da serie logo de dous arrestos por drogas a finais de 2000 e comezos de 2001, Downey pasou unha vez máis por un programa de desintoxicación que resultou exitoso e volveu á súa carreira profesional, aparecendo en filmes semindependentes como The Singing Detective (2003), Kiss Kiss Bang Bang (2005), e A Scanner Darkly (2006), e papeis secundarios en filmes dos grandes estudios como Gothika (2003) e Zodiac (2007). En 2004, Downey lanzou o seu primeiro álbum The Futurist.

En 2007, Downey foi elixido para facer o personaxe de Iron Man na adaptación cinematográfica que tivo a súa estrea en 2008, recadando case 100 millóns de dólares nos Estados Unidos e Canadá na primeira semana, nese ano tamén estreou Charlie Bartlett e Tropic Thunder, recibindo o seu segundo nomeamento por este filme, na categoría de actor secundario. En 2009 interpretou a Sherlock Holmes na adaptación cinematográfica de Guy Ritchie, polo que gañou un Globo de Ouro.[1]. En 2010 protagonizou Iron Man 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HFPA – Nominations and Winners". Goldenglobes.org. January 14, 2010. http://www.goldenglobes.org/nominations/. Consultado o March 8, 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Downey, Jr.