Robert Burns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Burns

Robert Burns, nado en Alloway, Ayrshire, Escocia, o 25 de xaneiro de 1759 e finado en Ellisland, preto de Dumfries, o 21 de xullo de 1796) é o poeta en lingua escocesa máis coñecido. O seu poema Auld Lang Syne cántase tradicionalmente nos países anglosaxóns como himno de despedida.

[editar] Traxectoria

Fillo do campesiño William Burns, naceu no seo dunha familia humilde de granxeiros e comezou a escribir poesía na súa adolescencia, logrando a súa publicación a partir do ano 1786, pero sen obter grandes beneficios. Isto motivou que non abandonase as faenas do campo, e en 1789 obtivo un posto como funcionario do servizo de aduanas. Tivo 9 fillos con Jean Armour, morrendo aos 37 anos polos problemas cardíacos que lle ocasionou o duro traballo no campo.

A súa obra trata sobre todo temas do folclore escocés, visto desde a perpectiva das clases populares. A súa ideoloxía republicana e progresista foi moi mal vista pola igrexa calvinista e a aristocracia. Falou da pobreza, da sexualidade, dos roles sexuais ou da igrexa escocesa.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas