Rob Bourdon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rob Bourdon
Nome completoRobert Gregory Bourdon
AliasRobert Gregory Bourdon
Data nacemento20 de xaneiro de 1979 (45 anos)
Nado enCalabasas (California)
Ocupaciónbatería, músico e compositor
Instrumento(s)batería
Relacionado conLinkin Park
Na rede
IMDB: nm1060288 Musicbrainz: f1dd0051-5578-45a7-a733-03113626407f Discogs: 517955 Allmusic: mn0000918807 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Gregory Bourdon, nado o 20 de xaneiro de 1979 en Calabasas (California), é o batería da banda de nu metal Linkin Park.

Biografía[editar | editar a fonte]

Comezou a tocar a batería á idade de dez anos tras ver un concerto de Aerosmith. Xa que a súa nai tivo unha relación con Joey Kramer, o batería de Aerosmith, Bourdon puido estar no backstage e ver toda a produción.

Nos seus primeiros dez anos, Bourdon tocou nalgunhas bandas cos seus amigos. Foi naquela época cando coñeceu ao seu actual compañeiro en Linkin Park, Brad Delson, e tocaron xuntos durante un ano nunha banda, Relative Degree.