Ro - Ρω

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ro - Ρω
Vista da illa
[[Ficheiro:|330px| ]]
Datos
Capital
País Grecia
Localización Mar Mediterráneo
Arquipélago Dodecaneso
Linguas Grego
Poboación (2001) 15 hab.
Superficie 1´476 km²
Densidade
Coordenadas 36°09′19″N 29°29′50″E / 36.15528°N 29.49722°E / 36.15528; 29.49722
Maior Altura 87 m
Localización
Localización da illa

Ro ou Rho (grego: Ρω) é unha pequena illa grega no leste do mar Mediterráneo preto de Kastellorizo, preto da costa turca. É parte da municipalidade de Megisti, na prefectura do Dodecaneso.

Xunto con outros illotes da rexión circundante, Ro foi obxecto dunha disputa de soberanía na década de 1920 entre Turquía e Italia, que nese momento estaba en posesión de Kastelorizo e as illas do Dodecaneso. A controversia resolveuse nun tratado de 1932, que asignou Ro do lado italiano. Para rematar, pasou á soberanía grega en 1947, xunto coas outras antigas posesións italianas no Mar Exeo.

Ro estivo deshabitada a maior parte da historia, agás da muller grega que a fixo famosa, Despina Achladioti. Cada día, Achladioti, tamén coñecida como a Señora de Ro, izaba na illa unha bandeira grega, claramente visible desde o territorio turco, ata a súa morte en 1982.

Unha pequena unidade militar grega ten base agora na illa, co deber primordial de continuar a tradición de izar a bandeira, establecida por Achladioti. O censo de 2001 reportou unha poboación de 15 habitantes.

O illote denomínase Kara Ada en turco.