Riviera Maya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRiviera Maya
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 20°37′53″N 87°04′23″O / 20.631388888889, -87.073055555556Coordenadas: 20°37′53″N 87°04′23″O / 20.631388888889, -87.073055555556
EstadoMéxico
Estado federadoQuintana Roo Editar o valor em Wikidata

Páxina webmexicancaribbean.travel… Editar o valor em Wikidata
Facebook: RivieraMaya Twitter: RivieraMaya Instagram: rivieramayamx Youtube: UC1cMP3HgUSI7g0si9cRe9Cw Editar o valor em Wikidata

A Riviera Maya[Cómpre referencia] é unha zona turística de México situada ao longo do mar Caribe no Estado de Quintana Roo. Xeograficamente esténdese ao longo duns 130 km de lonxitude de litoral, desde a localidade de Puerto Morelos, ao norte, ata a de Punta Allen ao sur.

Orixe[editar | editar a fonte]

A Riviera Maya, como destino turístico, foi creada en 1999 co impulso das autoridades públicas municipais, baixo o mando do Presidente municipal licenciado Miguel Ramón Martín Azueta. Desde entón, a Riviera Maya pasou a converterse no destino turístico máis importante de México e un dos máis visitados a escala internacional.

Puerto Morelos[editar | editar a fonte]

É a localidade máis setentrional da denominada Riviera Maya. Atópase a 16 km ao sur do Aeroporto Internacional de Cancún e a 32 km ao sur da cidade de Cancún. A poboación costeira conta cunha oferta variada de hoteis e restaurantes con prezos económicos e de baixa densidade. Ao norte e sur do poboado disponse de pouco máis de cinco mil habitacións en hoteis de tipo grand resort.

Fronte á costa de Puerto Morelos atópase o Parque Nacional Arrecife de Puerto Morelos, área natural protexida e cuxa barreira arrecifal superficial se atopa moi preto das praias. Debido ás súas ondas mainas, o lugar é idóneo para a práctica de windsurf, esnórquel e mergullo.

A localidade é de tradición pesqueira e as súas instalacións portuarias son as máis grandes do estado de Quintana Roo. Conta cunha mariña privada, un xardín botánico, un pequeno zoolóxico de crocodilos, un campo de golf e unha zona denominada coma ruta dos cenotes.

Playa del Carmen[editar | editar a fonte]

É a cidade máis grande e cosmopolita da Riviera Maya, atópase en constante crecemento de poboación e ofrece ao visitante hoteis de diversas categorías, tendas, praterías, restaurantes de comida internacional, diversión, antros, discotecas ao longo da súa Quinta Avenida, que é peonil, e praias. Ademais conta cunha zona hoteleira denominada Playacar, que é onde se atopan os hoteis de maior categoría, zonas comerciais, zonas residenciais, aviario e campo de golf. Desde aí pódese viaxar ata a illa de Cozumel, abordando os famosos ferris.

Xcaret[editar | editar a fonte]

Parque eco-arqueolóxico onde se pode aprender sobre a cultura de México, a flora e a fauna da rexión e realizar diversas actividades acuáticas como o mergullo, o esnórquel, o nado con golfiños, snuba e sea trek. Xcaret é ademais o precusor da conservación do contorno natural e distínguese pola preservación de especies en perigo de extinción como a tartaruga mariña (branca e caguama) e o manatí. Situado a 15 minutos da Playa del Carmen, Xcaret foi inaugurado en 1990 e na actualidade é un dos parques máis visitados de México. Xcaret conta con praias, calas, ríos, ríos subterráneos, cavernas, aviario, acuario de arrecife de coral, tartarugario, bolboretario, apiario, invernadoiro de orquídeas, a recreación dunha vila maia, cemiterio mexicano e diversa fauna local como xaguares, tucanos, flamengos e papagaios.

No eido cultural, Xcaret distínguese polos vestixios arqueolóxicos da antiga cidade maia de Polé, de onde os maias partían en peregrinación rumbo a Cozumel para adorar a Ixchel, a deusa da lúa e a fertilidade. A súa celebración "México espectacular", é un emotivo percorrido polo máis destacado da cultura e a historia de México. Para isto conta cun espectáculo do mellor folclore mexicano que está dividido en dúas partes. A primeira parte do espectáculo describe vividamente o México precolombiano e inclúe unha interpretación do ancestral xogo da pelota prehispánico, practicado en máis de 1 500 campos en Mesoamérica. A segunda é un mosaico de bailables e estampas de distintas rexións do país: Iucatán, Oaxaca, Tebasco, Veracruz, Michoacán, a cidade de México e Xalisco entre outros .O sonoro zapateo, a picardía do cortexo e das historias de amor, a alegría dos mariachis e a audacia dos charros que exhiben a cabalo as sores do floreo, trasladan aos espectadores aos diferentes estados de México. Ademais, Xcaret conta coa reprodución dun pobo maia e un cemiterio maia onde se realiza o festival de vida e morte a principios de novembro. Outros eventos culturais son a festa charra, o ritual dos voadores de Papantla e o desfile de traxes típicos.

Puerto Aventuras[editar | editar a fonte]

Exclusivo desenvolvemento turístico e residencial cun alto nivel de privacidade e unha atmosfera náutica cálida e hospitalaria. Ademais de ser a mariña máis completa da península do Iucatán, tamén conta con praias e un campo de golf de 9 buratos. Existe un proxecto de ampliación a 18 para o ano 2010. Dentro do mesmo desenvolvemento atopamos hoteis, clubs de golf e tenis, club de praia, escola, zona comercial con museo, tendas, restaurantes e bares.

Tulum[editar | editar a fonte]

Este lugar ofrece unha morea de actividades tanto para aqueles que buscan descansar e desfrutar da natureza coma para os que anhelan internarse no mundo náutico e explorar os recursos que a natureza deu a este lugar ou simplemente para facer deste paraíso o seu lugar de residencia e desfrutar coa súa familia dun lugar fermoso e seguro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O relevo ao longo da costa é plano (coa excepción do xacemento arqueolóxico de Tulum) e cuberto ou ben cun bosque semitropical seco (selva tropófila), ou mangleiral baixo. O litoral ofrece magníficas gamas de area entrecruzadas por rochas coralinas. A auga do mar do Caribe é transparente e turquesa e pódense ver peixes de todas as cores. A rexión está formada xeoloxicamente por unha inmensa meseta calcaria. Esta rocha ten a particularidade de ser permeable, numerosas redes de grutas e galerías subterráneas creáronse co paso do tempo. Debido a que a capa freática era bastante elevada, as grutas enchéronse con auga para formar o que se chama en México "cenotes". Algúns son accesibles ao público para nadar, mergullar ou espeleobucear.

Aloxamento[editar | editar a fonte]

Na Riviera Maya hai ao redor de 51 hoteis de clase internacional, 5 estrelas e outras categorías, que ofrecen polo menos 18 040 habitacións, 11 deles ofrecen servizo de calidade "Palace". A maior parte son complexos con sistema todo incluído, o que quere dicir que o prezo da estancia no hotel inclúe todos os consumos de comidas e bebida, e o acceso ás actividades do hotel (jacuzzi, aquagym, aeróbic, ximnasio, pista de tenis, cancha de voleibol, billar, discoteca)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]