Rites of Spring (álbum)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Rites of Spring | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Álbum de Rites of Spring | |||||
| Edición: | xuño de 1985 | ||||
| Datas de gravación: | febreiro de 1985 | ||||
| Estudio(s) de gravación: | Inner Ear Studios | ||||
| Duración: | {{{duración}}} | ||||
| Xénero: | emo, punk rock, post-hardcore | ||||
| Selo(s): | Dischord Records | ||||
| Producido por: | Ian MacKaye | ||||
| Cronoloxía | |||||
|
|||||
Rites of Spring é o primeiro e único álbum de estudio da influente banda de post-hardcore estadounidense Rites of Spring, editado en xuño de 1985 a través do selo Dischord Records. As doce cancións foron gravadas nos Inner Ear Studios en febreiro de 1985 baixo a produción de Ian MacKaye.
O disco foi re-editado en CD e casete no ano 1987, cun tema máis gravado nas mesmas sesións, "Other Way Around", ademais de catro cancións do EP que seguiría ao álbum, All Through a Life, gravado en xaneiro de 1986 e editado en 1987. O recompilatorio End of the End, aparecido en 1991, conta coa mesma portada que Rites of Spring.
Listaxe de cancións [editar]
Todos os temas foron compostos por Rites of Spring.
Cara 1
- "Spring" - 2:09
- "Deeper than Inside" - 2:17
- "For Want Of" - 3:09
- "Hain's Point" - 2:08
- "All There Is" - 2:54
- "Drink Deep" - 4:54
Cara 2
- "Theme" - 2:19
- "By Design" - 2:38
- "Remainder" - 2:30
- "Persistent Vision" - 2:21
- "Nudes" - 2:48
- "End on End" - 7:23