Rissotto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O risotto (variación de riso, "arroz" en italiano) é unha comida tradicional italiana realizada a base de arroz. É un dos modos máis comúns de cociñar arroz en Italia. É unha comida orixinaria da zona noroeste do país, concretamente do leste de Piemonte e o oeste de Lombardía debido á abundancia de arroz. É un dos alicerces da gastronomía setentrional en xeral.