Riqueza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A riqueza é a abundancia de bens ou de rendas. A riqueza mais sinxelamente é a acumulación de bens que posúen un valor económico. Podesese falar de riqueza financeira, de riqueza cultural, de " países ricos " e de creación de riqueza. A riqueza reflicte un feito socio-económico asociado ao feito de que certos individuos posúan maior cantidade de bens materiais que outros. A riqueza xa que logo está relacionada co modo e calidade de vida das persoas ricas.

A riqueza pode estudarse tanto desde o punto de vista antropolóxico ou sociolóxico como desde o punto de vista estritamente económico.

Antropoloxía[editar | editar a fonte]

O nivel de vida dalgúns países desenvolvidos, urbanizados e industrializados establece un enorme contraste coas condicións de existencia da inmensa maioría de países agrarios e eminentemente subdesenvolvidos.

Este forte contraste é o que divide á Humanidade entre ricos e pobres, ben alimentados -ou sobrealimentados- e famentos. O mundo en vías de desenvolvemento -Terceiro Mundo-, segue a ser un mundo abrumadoramente agrícola, máis do 70% da súa poboación vive da terra, a pesares de non contar coa necesaria tecnoloxía e coñecementos para que esa terra produza ata o máximo das súas posibilidades.

Moitos africanos, asiáticos e sudamericanos loitan denodadamente cada día coa súa terra, pero as malas colleitas son frecuentes e raramente poden chegar a aforrar algo. Entón é cando xorde a necesidade de conseguir capital extranxeiro. Este capital obtense coas remesas da emigración, cos microcréditos das ONGs, ou coa axuda directa ó desenvolvemento dos países do Primeiro Mundo.

Economía[editar | editar a fonte]

Para a ciencia económica actual, a riqueza económica corresponde ao conxunto dos bens dos cales o uso ou a propiedade abastece unha satisfacción. Pois está constituída polas existencias de activos económicos detidos para o dun ou varios axentes económicos. A riqueza economicamente analízase a través de varias dicotomías :

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Riqueza
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de riqueza
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Riqueza