Rip Van Winkle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O retorno de Rip Van Winkle.

"Rip van Winkle" é un conto curto de Washington Irving, que forma parte dunha colección de contos titulado The Sketch Book of Geoffrey Crayon (1819). Recibe o título do protagonista do mesmo. O conto foi escrito mentres Irving vivía coa súa irmá Sarah e o seu cuñado Henry van Wart en Birmingham (Inglaterra), e está ambientado nos días anteriores da Guerra de Independencia dos Estados Unidos.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Un aldeán de ascendencia neerlandesa escapa da súa dona, quen o rifaba seguido, e marcha para o bosque. Despois de varias aventuras, senta baixo a sombra dunha árbore e queda durmido. Esperta 20 anos despois e regresa á súa aldea. De inmediato métese en problemas cando gaba ao rei Xurxo III, sen saber que acontecera a Revolución estadounidense e que xa non era un súbdito dos británicos.

Outros[editar | editar a fonte]

Á parte deste conto, "Rip van Winkle" pódese referir a alguén que dorme por un longo período, ou alguén que sen explicación ningunha non está ao tanto do que sucedeu.