Rihonor de Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rihonor de Castilla (Ruidenore en leonés) é unha localidade seabresa pertencente ao concello de Pedralba de la Pradería, na provincia de Zamora (España).

Contexto geográfico[editar | editar a fonte]

Está situado ao sur da Serra da Cobra, xunto á fronteira portuguesa, o casarío é atravesado polo río Fontano, tamén coñecido como Comtensa ou Río Onor no seu tramo portugués. Dista 14 km da capital da bisbarra e 21 km da capital do seu concello, estando a 22 km de Bragança, capital portuguesa máis próxima que á súa vez é sede do concello ao que pertence a freguesía de Rio de Onor.

Demografía[editar | editar a fonte]

O número de habitantes foi descendendo no concello de xeito paulatino dende mediados do século XX, chegando aos 16 censados no ano 2007 polo I.N.E.. Na actualidade existen algunhas iniciativas foráneas para instalarse na aldea, atraídos pola beleza das súas paisaxes, a idiosincrasia dos seus habitantes e as enormes posibilidades de desenvolvemento con que conta a vila.

Sociedade[editar | editar a fonte]

A principal fonte de ingresos foi tradicionalmente o comercio, ao estar situado nun paso fronteirizo con Portugal. Actualmente, a economía é de subsistencia, xa que a maioría das terras se encontran abandonadas e a maior parte dos seus habitantes son xubilados. Existe un só comercio de ultramarinos do que se abastecen os rihonoreses, ademais dos comerciantes que acoden cos seus vehículos dende Portugal para vender o seu xénero (pan, carnes, peixes...).

Este lugar ten unha particularidade única na península Ibérica: forma unha unidade coa aldea portuguesa de Rio de Onor. Realmente ambasdúas aldeas son unha soa, dividida artificialmente pola raia fronteiriza. Debido a esta singularidade, os seus habitantes falan indiferentemente castelán e portugués, ambosdous moi influenciados pola lingua autóctona: o case extinto rihonorés, dialecto do leonés.

Entre os rihonoreses, as partes española e portuguesa son chamadas "Povo de cima" e "Povo de abaixo" respectivamente ("lugar de arriba" e "lugar de abaixo").

pormenor do río


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]