Rigattino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rigattino tamén chamado righettino é un tipo de reintegración cromática empregada na conservación-restauración para proporcionarlle ao ben patrimonial a súa lexitimidade e facilitar a súa lectura evitando que a atención se centre na falta de material en vez de na obra.

Técnica[editar | editar a fonte]

Esta técnica, creada en 1939 polo Istituto Centrale dei Restauro en Roma, pretende cubrir a lagoa ou falta de capa pictórica dunha obra para que resulte imperceptible desde lonxe pero que sexa visible ao aproximarse a obra e observala de preto. O que se pretende é mostrar que se trata dunha intervención actual e que, polo tanto, non forma parte de orixinal.

A metodoloxía consiste na creación dun xogo visual (teorías da Gestalt) coa interpolación das cores mediante o emprego de trazos ou liñas verticais cuxa lonxitude depende da peza. A cor é aplicada con acuarela sobre un fondo branco (estucado ou preparación que se aplicaba encima do lenzo).

Podemos falar de dúas variantes de rigattino, en primeiro lugar, un rigattino opaco que non xoga coa transparencia das cores senón que persegue obter un contraste tonal entre a cor das raias e a do fondo, para iso empréganse pigmentos como gouache, témera ou pigmentos ao verniz. E, en segundo lugar, o rigattino que se emprega con acuarela creando liñas verticais e paralelas sobre un fondo neutro; aínda que en ocasións tamén se emprega o lapis de acuarela para obter a sensación de tecido pictórico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • VILLARQUIDE, A.: Alteraciones, materiales y tratamientos de restauración. Nerea, 2005. P. 366 - 376

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]