Illa Riesco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Riesco»)
Riesco
Illa Riesco
Localización da illa
Situación
País Chile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ArquipélagoTerra de Lume
MarOcéano Pacífico
Coordenadas53°0′S 72°30′O / -53.000, -72.500Coordenadas: 53°0′S 72°30′O / -53.000, -72.500
Xeografía
Superficie5.110 km²
Longura máxima120 km
Largura máxima75 km.
Punto máis alto1.830 m. Monte Atalaya
Demografía
Poboación156 hab. (2002)
Densidade0'03 hab./km²

A illa Riesco é unha illa de Chile localizada no extremo meridional de América do Sur, na ribeira setentrional do estreito de Magallanes. Administrativamente, a illa pertence á comuna de Río Verde, Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Ten unha superficie de 5.005 km², que a converten na cuarta illa maior do país.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa ten os seguintes límites:

Na súa porción occidental atópase a Reserva Nacional Alacalufes.

Habitada primeiramente polos kawéskar, hoxe a illa caracterízase por unha decena de estancias, todas en mans de particulares, nas que a crianza de ovellas é unha das principais labores que alí se realiza. Isto grazas ás súas amplas chairas, sen prexuízo de que algúns dos sectores, como cabo León, posúen relevo irregular que mestura a paisaxe montañosa dos Andes patagónicos, bosque de coigüe de Magallanes e planicie. Ademais, na illa hai un importante reduto de huemules en estado salvaxe.

Na historia da illa tamén figura que algúns sectores serviron como campos de concentración durante o goberno militar, segundo consta nalgúns testemuños de persoas que viviron esa época.

Minería[editar | editar a fonte]

A illa posúe grandes reservas de carbón. Ao norte da illa atópase a mina Elena, que comezou a ser explotada por un francés a finais do século XIX. Logo de anos de abandono, o noruegués Ove Larsen Gude abriu a mina en 1921. Nos anos 1930, a produción de carbón ascendía a dous mil toneladas mensuais e sumábase ao extraído desde os xacementos Magdalena e Josefina, tamén na illa.

O xacemento Estancia Invierno foi estudado polo Comité de Carbóns da Corporación de Fomento da Produción (CORFO) entre os anos 1978 e 1981. No lugar, que abarca 4.030 hectáreas, se cubicaron reservas por un total de 670 millóns de toneladas de carbón, das cales preto de 280 millóns de toneladas corresponden á categoría de reservas probadas e o resto á categoría de probables.

Durante os anos 2000, a sociedade mineira Illa Riesco, constituída por capitais de Empresas Copec e Ultramar, adxudicouse as minas Elena e Río Eduardo e Estancia Invierno, este último xacemento manterase en poder de BHP Billiton ata o ano 2017, data en que expira o seu contrato de concesión.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]