Ride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ride
Orixe Oxford, Inglaterra Inglaterra
Período 1988 - 1996
2001
Xénero(s) rock alternativo, shoegazing
Selo(s) discográfico(s) Creation, Warner, Sire, The First Time
Membros Andy Bell
Laurence Colbert
Mark Gardener
Steve Queralt
Web oficial http://ridemusic.net/


Ride foi unha banda inglesa de rock alternativo formada en 1988 en Oxford. Estivo composta por Andy Bell, Mark Gardener, Laurence "Loz" Colbert e Steve Queralt, e inicialmente formou parte da escena "shoegazing" emerxida en Inglaterra a principios dos anos 90. Tras a separación do grupo en 1996, os membros movéronse a varios proxectos, entre os que destacou Andy Bell, que se converteu no baixista de Oasis. No ano 2001 a banda reuníuse brevemente para unha única actuación nun programa de televisión. O álbum de estrea da banda, Nowhere, é considerado un dos mellores traballos do xénero shoegazing, e foi colocado no posto 74 da lista de Pitchfork Media dos "100 mellores álbums dos 90", e o seu tema "Vapour Trail" foi elixida a 145 da lista das "200 mellores cancións dos 90", tamén de Pitchfork Media. O álbum tamén está incluído no libro 1001 álbums que debes escoitar antes de morrer.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]