Rick Adelman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rick Adelman
Posición Base/Escolta
Dorsal 12, 21, 5
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso 79 kg (175 lb)
Nacemento 16 de xuño de 1946 (67 anos)
Flag of California.svg Lynwood, California
Carreira
Tempadas 19681975
NBA Draft 1968 / Rolda: 7 / Elección: 79

Escollido por San Diego Rockets

Universidade Loyola Marymount
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     3 579
Rebotes     1 129
Asistencias     1 606
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Adestrador

Richard Leonard "Rick" Adelman, nado o 16 de xuño de 1946 en Lynwood, California é un ex-xogador americano profesional de baloncesto e actual adestrador de baloncesto. É o adestrador principal dos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).[1] Anteriormente, foi o adestrador dos Golden State Warriors, Portland Trail Blazers, Sacramento Kings e Houston Rockets.

Traxectoria coma xogador[editar | editar a fonte]

Adelman comezou a súa carreira na Universidade de Loyola de Los Angeles, agora coñecida como Universidade de Loyola Marymount. No Draft da NBA de 1968, foi elixido polos San Diego Rockets (agora Houston Rockets) na 7ª rolda. Xogou dúas tempadas en San Diego antes de ser elixido polos Portland Trail Blazers no draft de expansión de 1970; xogou entón tres tempadas en Portland. Ademais, xogou para os Chicago Bulls, New Orleans Jazz, e para os Kansas City-Omaha Kings. Rematou a súa carreira coma xogador en 1975.

Traxectoria coma adestrador[editar | editar a fonte]

De 1977 a 1983, adestrou ao Chemeketa Community College en Salem, Oregon, e despois foi contratado polos Portland Trail Blazers coma asistente do adestrador Jack Ramsay. Cando Ramsay foi despedido e reemprazado por Mike Schuler en 1986, Adelman continuou coma asistente; cando Schuler foi despedido durante a tempada 1989-90, Adelman foi o adestrador provisional. Tras levar ó equipo aos Playoffs ese ano, Adelman convertiuse no adestrador principal ao remate da tempada.

Os seguintes tres anos foron moi exitosos para Adelman e os seus Blazers; o equipo chegou ás Finais da NBA en 1990 e 1992 (perdendo contra os Detroit Pistons e contra os Chicago Bulls, respectivamente), e chegou ás finais da Conferencia Oeste en 1991 (onde perderon contra os Los Angeles Lakers). Adelman pasou outros dous anos no equipo antes de ser destituído ó remate da tempada 1993-94.

En 1995, foi contratado como adestrador dos Golden State Warriors. Foi incapaz de repetir o éxito conseguido en Portland, e foi despedido dous anos máis tarde.

Tras un ano fóra das pistas, Adelman foi contratado polos Sacramento Kings en 1999. Con Adelman ao mando, os Kings foron un dos equipos con máis éxito da Conferencia Oeste, clasificándose para os Playoffs durante cada ano da etapa de Adelman en Sacramento.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]