Richard Martin Willstätter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRichard Martin Willstätter

Richard Willstätter
Nome orixinal(de) Richard Martin Willstätter
(de) Richard Willstätter Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Richard Martin Willstätter Editar o valor em Wikidata
13 de agosto de 1872
Karlsruhe Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 1942
Locarno Suíza Suíza
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaAlemaña Alemaña
País de nacionalidadealemán
EducaciónUniversidade de Múnic
Director de teseAlfred Einhorn (pt) Traducir e Adolf von Baeyer Editar o valor em Wikidata
Coñecido porQuímica orgánica
Actividade
Campo de traballoQuímica física
Lugar de traballo Múnic Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesor universitario , químico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Múnic
Sociedade Kaiser Wilhelm
Universidade Humboldt de Berlín
ETH Zürich
Universidade de Zúric Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCor na natureza Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAlfred Einhorn (pt) Traducir e Adolf von Baeyer Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoAntonio Madinaveitia (en) Traducir, Richard Johann Kuhn e Emilie Cherbuliez (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeSophie Leser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMargarete Willstätter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Química (1915)

WikiTree: Willstätter-1 Find a Grave: 119335846 Editar o valor em Wikidata


Richard Martin Willstätter, nado en Karlsruhe (Baden) o 13 de agosto de 1872 e finado en Muralto (Distrito de Locarno, Suíza), o 3 de agosto de 1942, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1915.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Múnic, na que obtivo o seu doutoramento en 1894 polo seu traballo sobre a estrutura da cocaína. Exerceu como profesor asistente de química orgánica nesa universidade (1902-1905), traballando ás ordes de Adolf von Baeyer en Múnic, mentres continuou investigando sobre a estrutura dos alcaloides, sintetizando varios deles.

Entre 1905 e 1912 foi profesor na Universidade de Zürich, comezando a traballar sobre a clorofila. Descubriu a súa estrutura así como a similitude entre esta e a hemoglobina da sangue. Foi profesor da Universidade de Berlín (1912-1915) (onde as súas investigacións revelaron a estrutura de moitos pigmentos de flores e plantas) e director do Instituto Kaiser Wilhelm (1912-1916). Cando a primeira guerra mundial interrompeu as súas investigacións, xunto con Fritz Haber dedicou a súa atención ao desenvolvemento dunha máscara antigás.

En 1916 Willstatter sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor en Múnic. Durante a década de 1920 investigou os mecanismos das reaccións dos enzimas, chegando á conclusión de que os enzimas son substancias químicas e non organismos biolóxicos. Consideraba os encimas como non-proteínas, teoría sostida ata 1930.

Sendo xudeu, en 1924 dimitiu do seu posto en Múnic como protesta polas presións antisemitas. Continuou os seus traballos de forma privada, primeiro en Múnic e, desde 1939, en Suíza.

En 1915 foi galardoado co premio Nobel de Química polas súas investigacións no campo dos pigmentos vexetais, especialmente a clorofila.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Theodore William Richards
Premio Nobel de Química

1915
Sucesor:
Fritz Haber