Richard Aoki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Aoki

Richard Aoki, nado en 1938 e falecido o 15 de marzo de 2009, foi un activista pro-dereitos civís estadounidense de ascendencia xaponesa, un dos primeiros membros dos Panteras Negras.

Nado en San Leandro,California en 1938, foi trasladado en 1942, xunto coa súa familia, a un campo de concentración, até que rematou a II Guerra Mundial. Máis tarde mudáronse para Oakland, California. Aoki estivo durante oito anos no exército norteamericano, máis tarde asistiu ao Merritt College, onde fixo amizade con Huey P. Newton e Bobby Seale, cofundadores dos Panteras Negras. En 1968 graduaríase en Socioloxía, pola Universidade de Berkeley, California. Apesar de que houbo moitos militantes de orixe asíatica nos Panteras Negras, Aoki foi o único que chegou a ostentar un cargo de importancia.