Riccardo Nowak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Riccardo Nowak, primeiro pola dereita, xunto cos seus compañeiros do equipo de sabre en 1908

Riccardo Nowak, nado en Bérgamo o 16 de xaneiro de 1885 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1950 foi un tirador de esgrima italiano, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 en Londres, gañando unha medalla de prata en sabre por equipos[1][2], xunto con Marcello Bertinetti, Sante Ceccherini, Alessandro Pirzio Biroli e Abelardo Olivier.

Notas[editar | editar a fonte]