Ricardo Núñez Lissarrague

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Núñez Lissarrague
RicardoNunez.jpg
Nacemento Ricardo Núñez Lissarrague
16 de xullo de 1904
Betanzos, Galicia Galicia
Falecemento 14 de xuño de 1998
Palma, España España
Profesión actor, guionista, produtor e director
Ficha na IMDb

Ricardo Núñez Lissarrague, nado en Betanzos o 16 de xullo de 1904 e finado en Palma o 14 de xuño de 1998, foi un actor, guionista, produtor e director de cine galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nacido no seo dunha familia acomodada do Betanzos de principios do século XX, Ricardo trasladouse a Madrid en 1923, onde abriu a cafetería chamada Atocha. Asiduo ás tertulias artísticas do café "María Cristina", alí descubriuno o actor e director Florián Rey, que o contratou para actuar na película muda El pilluelo de Madrid. Esta colaboración abriulle as portas para participar noutras películas do citado director, como Águilas de acero e La hermana San Sulpicio, filme que o fixo saltar á fama xunto a Imperio Argentina.

A aparición do son no cine supuxo un gran reto para Ricardo: o de camuflar o seu marcado acento galego. Superado este hándicap, e logo dalgunhas aparicións menores, púxose ás ordes do director Benito Perojo para rodar Susana tiene un secreto, Se ha fugado un preso e Rumbo al Cairo, converténdose nunha das estrelas do cine español do momento.

Ao estalar a Guerra Civil Española, Ricardo colaborou en varias películas de apoio á República. Logo da derrota da República, viuse obrigado a exiliarse a Arxentina en 1939, onde se estreou como director coas longametraxes Madre Alegría e Fuego Sagrado. Igualmente, produciu varias películas para Benito Perojo, como Chiruca ou La copla de la Dolores, de novo con Imperio Argentina como protagonista.

A revolución que estalou en Arxentina en 1955 provocou o regreso de Ricardo Núñez a España, onde dirixiu "La chica del barrio" e ata catro películas máis. No seu penúltimo traballo como director, "Lo que cuesta vivir", realizou un cameo aparecendo como taxista.

A partir de 1962 centrouse no seu labor de guionista e produtor, procurando illarse da popularidade e levar unha vida tranquila ata o seu pasamento á idade de 93 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actor[editar | editar a fonte]

  • Lo que cuesta vivir (propia, 1958)
  • Nuestro culpable (1938), de Fernando Mignoni
  • En busca de una canción (1937), de Eusebio Fernández Ardavín
  • Rumbo al Cairo (1935), de Benito Perojo
  • Es mi hombre (1935), de Benito Perojo
  • Crisis mundial (1934), de Benito Perojo
  • Se ha fugado un preso (1934), de Benito Perojo
  • Sol en la nieve (1933), de León Artola
  • Alalá (1933), de Adolf Trotz
  • Corre, mulilla (1933), de Benito Perojo (curtametraxe)
  • Susana tiene un secreto (1933), de Benito Perojo
  • El hombre que se reía del amor (1933), de Benito Perojo
  • Las noches de Port Said (1931), de Leo Mittler
  • La aldea maldita (1930), de Florián Rey
  • 48 pesetas de taxi (1930), de Fernando Delgado
  • Fútbol, amor y toros (1929), de Florián Rey
  • La Hermana San Sulpicio (1927), de Florián Rey, xunto a Imperio Argentina
  • Águilas de acero (1927), de Florián Rey
  • El Pilluelo de Madrid (1927), de Florián Rey

Como director[editar | editar a fonte]

  • Detective con faldas (1962)
  • Lo que cuesta vivir (1958)
  • Tremolina (1957)
  • Malagueña (1956)
  • La chica del barrio (1956)
  • Fuego Sagrado (1950)
  • Madre Alegría (1950)

Como produtor[editar | editar a fonte]

  • Cuentos de las sábanas blancas (1977), de Mariano Ozores
  • El alma se serena (1970), de José Luis Sáenz de Heredia
  • Miss Cuplé (1959), de Pedro Lazaga
  • Lo que cuesta vivir (propia, 1958)
  • Tremolina (propia, 1957)
  • Malagueña (propia, 1956)
  • Lo que fue de La Dolores (1947), de Benito Perojo
  • Villa rica del Espíritu Santo (1945), de Benito Perojo
  • Martingala (1940), de Fernando Mignoni
  • Nuestra Natacha (1936), de Benito Perojo

Como guionista[editar | editar a fonte]

  • Escándalo en el internado (1966), de Marino Girolami
  • Lo que cuesta vivir (propia, 1958)
  • Tremolina (propia, 1957, en cooperación con Mauricio Torres)
  • Madre Alegría (propia, 1950)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

"Ricardo Núñez, una vida para el cine". Anuario Brigantino. 1986. ISSN:.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]