Ricardo Martín Esperanza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Martín Esperanza
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de outubro de 1983 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 30 de xuño de 1977
Procurador en Cortes
24 de xuño de 1970 – 12 de novembro de 1971
← David Ferrer Garrido
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ricardo Martín Esperanza, coñecido como Caíto, nado en Ourense o 29 de setembro de 1911 e finado en Madrid o 17 de outubro de 1983, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vencellado ao tradicionalismo, formou parte, xunto con Eduardo Valencia e Francisco Rodríguez, do Triunvirato Provincial de Falange Española de las JONS, constituído en Canedo en 1934[1]. Logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi detido pola súa filiación falanxista. Foi desterrado a Asturias e despois a Verín. Pasou a Guerra Civil na zona republicana e ao rematar estivo un tempo nun campo de concentración e pasou despois á Coruña. Foi o primeiro Director Xeral da Caixa de Aforros Provincial de Ourense (1948-1974), alcalde de Ourense (1970-1974) e procurador nas Cortes Españolas. En 1981 viuse implicado nun escándalo financeiro pola súa xestión en Caixa Ourense[2]. Logo de sucesivos aprazamentos pola doenza cardíaca que padecía, viuse a causa na Sala II do Tribunal Supremo. Condenado, foi indultado de parte da condena no mesmo xuízo e tampouco chegou a cumprir a pena de reclusión menor pola súa enfermidade. Logo de permanecer internado dous meses no verán de 1981, concedéronlle a liberdade condicional. Logo déronlle un indulto especial, sendo ministro de Xustiza Pío Cabanillas. Finou en Madrid o 17 de outubro de 1983.[3][4]


Predecesor:
David Ferrer Garrido
 
Alcalde de Ourense
 
1970 – 1974
Sucesor:
Miguel Riestra París

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Vicenta Pérez López e foi pai de Ricardo, Victoria e Isabel Martín-Esperanza Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Meleiro, Fernando (1957). Anecdotario de la Falange de Orense. Madrid: Ediciones del Movimiento. p. 10. 
  2. Retirada la acusación de la Caja de Ahorros de Orense contra su ex director general Ricardo Martín Esperanza
  3. La Voz de Galicia, 18-10-1983, p. 20.
  4. Necrolóxica en ABC, 22-10-1983, p. 80