Ricardo Macarrón Piudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Macarrón Piudo
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoVitoria
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto e oficial
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Macarrón Piudo, nado en Vitoria, foi un arquitecto, militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Urbano Macarrón. Estudou na Academia de Infantaría. Como primeiro tenente de Infantaría, ingresou na Garda civil en 1909. Desenvolveu en paralelo a súa carreira militar dentro da Garda civil coa de arquitecto. Como técnico do Ministerio da Gobernación estivo ligado á Dirección Xeral de Seguridade e á de Beneficencia Xeral. En 1936 era Tenente Coronel da Garda civil e xefe da Comandancia de Pontevedra. Foi nomeado delegado de orde público en Vigo polo gobernador Gonzalo Acosta Pan o 17 de xullo de 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado de Orde público de Pontevedra e gobernador civil en agosto.[1] Cesou no cargo a finais de marzo de 1937 para ser destinado a Guipúscoa. Pasou á situación de dispoñíbel gobernativo en xuño. Foi dado de baixa por desafecto ao Movimiento Nacional en setembro de 1937.[2] Despois pasou ao Servizo de Recuperación do Patrimonio Artístico Nacional.

As súas obras máis coñecidas como arquitecto son o Centro de Saúde Sandoval (1928) e o Colexio del Santo Ángel para orfos da Policía Nacional en Carabanchel (1928-1936).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carolina Cenzano Godoy en 1910.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 5-8-1936, p. 7.
  2. Pensamiento Alavés, 23-9-1937, p. 4.
  3. El Eco de Navarra, 23-9-1910, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]