Ricardo Bellver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Bellver

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1845 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de decembro de 1924 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de España en Roma (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
O Anxo Caído ou Lucifer, bronce de 1877

Ricardo Bellver y Ramón, nado en Madrid en 1845 e finado na mesma cidade o 20 de decembro de 1924, foi un escultor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Neto do escultor valenciano Francisco Bellver y Llop, e fillo de Francisco Bellver (1812-1890), que eran basicamente imaxineiros en madeira, Ricardo creceu nunha familia de artistas, pois os seus tíos Mariano e José Bellver eran tamén escultores. Foi alumno da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, acabando a súa formación como escultor en Roma, pensionado polo Estado español, desde onde enviaría, entre outras obras, a dedicada a un anxo caído.

Ricardo comezou a ser recoñecido a raíz de que a súa composición escultórica "O Anxo Caído" ou Lucifer, de 1877, fose premiada, primeiro coa Primeira Medalla na Exposición Nacional de Belas Artes (1878) e logo na Exposición Internacional de París (1881). O autor logrou unha estatua de indubidábel orixinalidade, sendo tanto o interese que suscitou nas masas que o Museo Nacional do Prado doouna ao pobo madrileño, ficando instalada na praza del Ángel Caído, no Parque do Retiro. Tal éxito levou a que fose nomeado académico, acabando como director da Escola de Artes e Oficios de Madrid.

Monumento a Elcano (1881, Guetaria).

Consérvanse outros traballos de Ricardo Bellver en Madrid, na Basílica de San Francisco o Grande, na Igrexa de San Xosé, na Igrexa Pontificia de San Miguel, no edificio do Ministerio de Fomento (Paseo da Infanta Isabel), e no mesmo Parque do Retiro, no interior do Monumento a Afonso XII de España.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Enterro de Santa Inés (baixorrelevo).
  • O Anxo Caído (1877), estatua situada nos xardíns do Buen Retiro de Madrid.
  • Morte de Santa Ágata, baixorrelevo (1888).
  • San Expedito (1916), talla localizada na igrexa de San Vicente Mártir, Abando (Bilbao).
  • Juan Sebastián Elcano (1888), estatua na praza do Concello de Guetaria (Vizcaia).
  • Portas neogóticas da Catedral de Sevilla.
  • Fama, no panteón do poeta Meléndez Valdés
  • San Bartolomeu e Santo André, na igrexa de San Francisco o Grande, Madrid.
  • Monumento a Donoso Cortés, cemiterio de San Isidro, Madrid.
  • Sepulcro do Cardenal Silíceo.

Outros datos[editar | editar a fonte]

O Anxo Caído de Bellver figura como imaxe de pechamento do filme de Álex de la Iglesia, El día de la Bestia (1995).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]