Ricard Vinyes
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricard Vinyes Ribas, nado en Barcelona en 1952, é un historiador e profesor universitario catalàn.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu en 1952 na cidade de Barcelona. Estudou historia na Universitat de Barcelona, da cal é profesor de historia contemporánea dende 1977. En 2012 impartía a materia de Historia de Països Europeus I (Catalunya).
Obra [editar]
Estudou a represión franquista durante a postguerra española. É autor de diversos libros en catalán e castelán, tal que:
- 1983: Catalunya internacional
- 1989: La presencia ignorada. Cultura comunista a Catalunya
- 2000: "Un conflicte de memòries: el Museu d'Història de Catalunya", dins la revista "L'Avenç"
- 2002: Irredentas
- 2002: Els nens perduts del franquisme
Conxuntamente con Manel Risques Corbera, no ano 2000 levou o Premi Nacional de Patrimoni Cultural, concedido pola Generalitat de Catalunya.