Groselleira branca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ribes uva-crispa»)
Groselleira branca
Valor nutricional por 100 g
Enerxía184 kJ (44 kcal)
10.18 g
Fibra alimentaria4.3 g
0.58 g
0.88 g
VitaminasCantidade
%DV
Vitamina A equiv.
2%
15 μg
Tiamina (B1)
3%
0.04 mg
Riboflavina (B2)
3%
0.03 mg
Niacina (B3)
2%
0.3 mg
Ácido pantoteico (B5)
6%
0.286 mg
Vitamina B6
6%
0.08 mg
Ácido fólico (B9)
2%
6 μg
Vitamina C
33%
27.7 mg
Vitamina E
2%
0.37 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
3%
25 mg
Cobre
4%
0.07 mg
Ferro
2%
0.31 mg
Magnesio
3%
10 mg
Manganeso
7%
0.144 mg
Fósforo
4%
27 mg
Potasio
4%
198 mg
Sodio
0%
1 mg
Cinc
1%
0.12 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga87.87 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

A groselleira verde ou groselleira espiñosa[1][2] (Ribes uva-crispa), é un arbustiño orixinario de Europa, o noroeste de África e o suroeste de Asia Menor; pertence ao subxénero Grossularia, ás veces tratado coma un xénero diferente dentro de Ribes, comprendendo as diferentes especies hirsutas de groselleiras. A groselleira espiñenta americana, Ribes hirtellum, está estreitamente emparentado, e é doada a confusión a simple vista; ambos os dous posúen talos espiñentos e presentan as flores terminais illadas, en parellas ou tríos, non en acios. O froito é a uva espiña[2] O froito é semellante a unha bago verde miúdo e comestíbel. En Galiza úsase principalmente en xardinaxe, sendo rara brava.

Descrición[editar | editar a fonte]

Grosellas verdes.

Arbusto de entre 1 a 3 m de altura, densamente ramificado e cuberto de espiñas; as follas son trilobuladas ou pentalobuladas, profundamente crenadas, coas nervaduras ben marcadas. As flores son acampanadas, axilares, xorden solitarias ou en parellas, pedunculadas. O froito é unha falsa baga comestíbel de aparencia pilosa, semellante a unha uva branca e normalmente de cor verde, aínda que en ocasións se dan variantes arroibadas e púrpura escura, dáselle o nome galego de uva espiña (ou uva espín).

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

A groselleira espiñenta é nativa de Europa e mais do suroeste asiático. Medra de xeito espontáneo en zonas alpinas, penedentas e vizosas das rexións máis meridionais, dende o leste de Francia até o Himalaia ou a India peninsular. Na Gran Bretaña adóitase atopan en fraguiñas ou formando sebes, mais é unha planta cultivada dende hai tanto tempo que non é doado distinguir os exemplares bravos dos cultivados, ou se se pode considerar como flora nativa da illa. É común tamén nas abas baixas dos Alpes de Piemonte e Savoia e, non se sabe con certeza se xa os romanos a coñecían, aínda que se cre posíbel que Plinio o Vello fixera unha pequena alusión a ela nunha pasaxe da súa obra Naturalis Historia. En Galiza o seu cultivo é recente, aparecendo en xardíns particulares coma ornamental.

Cultivo[editar | editar a fonte]

O xeito máis sinxelo de propagar as variedades é por espeques espichados polo outono; estes prenden axiña e nuns cantos anos forman uns bos arbustos froiteiros. Existe bastante discrepancia no xeito de os podar; é probábel cada situación requira diversos tratamentos. Os froitos nacen nos esporóns laterais e nos gomos do ano anterior, polo que se adoitan acurtar as pólas laterais no inverno, antes de que as xemas comecen a grelaren; hai quen reduce os gomos principais máis longos ao mesmo tempo, mentres outros prefiren tiralos polo verán, cando aínda son tenros.

Usos[editar | editar a fonte]

As grosellas son ben coñecidas na elaboración de sobremesas doces, como tortas, batidos e crumbles. Poden conservarse secas, en xarope azucrado ou coma marmelada. Tamén se utilizan para aromatizar bebidas e licores o elaborar viño de froita.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Ribes uva-crispa foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 201. 1753.[3]

Sinonimia
  • Grossularia glandulososetosa Opiz
  • Grossularia hirsuta Mill.
  • Grossularia intermedia Opiz
  • Grossularia pubescens Opiz
  • Grossularia reclinata (L.) Mill.
  • Grossularia spinosa (Lam.) Rupr.
  • Grossularia uva Scop.
  • Grossularia uva-crispa (L.) Mill.
  • Grossularia uva-crispa subsp. lasiocarpa (Gaudin ex Monnier) Dostál
  • Grossularia uva-crispa subsp. reclinata (L.) Dostál
  • Grossularia vulgaris Spach
  • Oxyacanthus sativus Chevall.
  • Oxyacanthus uva-crispa (L.) Chevall.
  • Ribes aculeatum Salisb.
  • Ribes caucasicum Adams ex Schult.
  • Ribes crispum Dulac
  • Ribes dubium Jacques
  • Ribes grossularia L.
  • Ribes grossularia var. vulgare Jancz.
  • Ribes grossularium St.-Lag.
  • Ribes hybridum Besser
  • Ribes reclinatum L.
  • Ribes spinosum Lam.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. No Diccionario Cumio da lingua galega de Edicións do Cumio, 1999, recóllese o nome vulgar sorbeira, mais cremos que é un erro, por se tratar doutra especie. Na 'Nomenclatura vernácula da flora vascular galega' recóllense as denominacións groselleira espiñenta e uva espín
  2. 2,0 2,1 Nome dado por E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992) en Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. "Groselleira branca". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 14 de decembro de 2012. 
  4. Groselleira branca en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]